Convocatoria asemblea xeral ordinaria

17.06.2024

Prezadas familias,

Comprácenos convocarvos a todos os socios e socias á asemblea xeral ordinaria da ANPA que terá lugar o martes 25 de xuño de 2024, ás 15:30 en primeira convocatoria e ás 16:00 en segunda convocatoria, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Exposición da memoria de actividades realizadas no curso 2023-2024.
  3. Presentación do estado das contas da asociación e aprobación se procede. Proposta para cambio de entidade bancaria e aprobación se procede.
  4. Renovación de membros da Xunta Directiva segundo os estatutos da ANPA. Prazo de presentación de candidaturas ata o venres 21 de xuño ás 14:00 h.
  5. Información grupos colaboradores e comisións de traballo.
  6. Exposición das propostas achegadas polas familias (entradas e saídas, situación falta coidadores NEAE madrugadores e horario lectivo).
  7. Decisións a adoptar en relación á carencia do servizo de madrugadores para nenos e nenas NEAE. Aprobación de gasto se procede.
  8. Outros rogos e preguntas.
  9. Inicio de obras patio. Para este punto, contaremos coa intervención de Fermín Blanco, arquitecto encargado do proxecto. Este punto da orde do día terá lugar a partir das 17:00 h, aproximadamente, e será aberto a toda a comunidade educativa.

Se tedes algunha proposta ou suxestión para tratar na asemblea, podedes envialas ao mail da ANPA e serán engadidas e tratadas no punto 6 da presente orde do día. Para que podan ser incluidas e poidamos organizar os tempos da asamblea, pregámosvos que nolas fagades chegar antes deste xoves 20 de xuño ás 14:00 h.

A vosa presenza é moi importante; trataremos temas de grande relevancia para o benestar de todos os nenos e nenas. Para facilitar a vosa asistencia, lembramos que disporemos de servizo de canguro, con educadores que acompañarán aos nenos e nenas durante a asemblea e con participación no acto posterior do inicio das obras. 

Recibide un cordial saúdo.

ANPA RASA.