Coruña Corre 2025

15.02.2025

Prezadas familias,

Lembrade que está aberto o prazo de inscrición no Circuito de Carreiras Populares Coruña Corre. O calendario desta edición 2025 é o seguinte:

  • 15 de marzo: XIII Carreira Popular da Torre de Hércules
  • 6 de abril: IX Carreira Popular de Matogrande - Xuxán
  • 11 de maio: XVI Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma
  • 1 de xuño: XII Carreira Popular dos Rosales
  • 14 de setembro: XII Carreira Popular Volta a Oza
  • 26 de outubro: XI Carreira Popular do Ventorrillo
  • 23 de novembro: XIII Carreira Popular de Novo Mesoiro

O prazo para inscribirse na primeira carreira está aberto ata o 9 de marzo, na seguinte ligazón: https://corunacorre.com/es/web/evento/2938/

Lembrade que, para sumar puntos para o colexio, e poder ser gañador por cuarto ano consecutivo, tedes que indicar o nome do colexio na inscrición, e facer a inscrición no circuito completo, NON só nunha carreira, independentemente das carreiras ás que poidades acudir posteriormente. 

Calquera dúbida que teñades, podedes preguntarnos, pero non faltedes!

Moitas grazas.