Coruña10

27.09.2024

Prezadas familias:

Desde a Concellería de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña, animan a todas as alumnas e alumnos do centro para participar na próxima edición da xa clásica carreira popular Coruña10, que terá lugar o vindeiro domingo día 6 de outubro.

A inscrición para os menores de 18 anos é gratuíta, e é moi fácil: só hai que rexistrarse no formulario da páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com). O prazo para apuntarse finaliza este próximo domingo día 29 de setembro.

Podedes atopar toda a información na web de Deportes municipal, na ligazón:

www.coruna.gal/carreiraspopulares/gl/coruna10/carreira-de-menores

Animádevos a tomar parte nunha das carreiras máis populares do calendario da cidade. Facer deporte en familia, sempre suma

Boa fin de semana!