Inscrición Cóxegas de setembro

23.08.2024

Prezadas familias:

Cando xa estamos ás portas do inicio deste novo curso escolar 2024-2025, dende todo o equipo da ANPA agardamos que esteades gozando do remate das vacacións e compartimos toda a nosa ilusión e enerxía coas familias, para que este novo curso teña un inicio moi especial, no que o discorrer das obras do patio nos dará a benvida o próximo 11 de setembro.

Publicaremos toda a información proximamente, pero hoxe traémosvos esta nova co gallo de que a inscrición no programa Cóxegas está aberta e podedes realizala na nova appweb da Federación de ANPAS ata o vindeiro martes 3 de setembro (incluido), na seguinte ligazón:

Como novidade para este curso, informarvos que a Federación de ANPAs ten unha nova appweb, onde as familias se darán de alta e aí atoparán información útil e os formularios de inscrición. Achegamos información do proceso na seguinte ligazón:

  • Inscrición: do 19 de agosto ao 3 de setembro (incluido).
  • Prezo: 15 € por participante. Ademais, todos os escolares deberán aboar 4 € en concepto de seguro de accidentes. Os escolares beneficiarios de beca comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (7,5 €).
  • Período de realización: Dende o mércores 11 de setembro ata o luns 30 de setembro
  • Horario de realización: De luns a venres, das 16 ata as 18 horas. O horario de asistencia será o elexido por cada participante no formulario de inscrición con posibilidade de saída ás 17 ou ás 18 horas. Non se contempla a posibilidade de entrada á actividade ás 17 horas.

Toda a información da actividade na seguinte ligazón:

Lembrade que está aberto o prazo de renovación da condición de familias socias da ANPA para o vindeiro curso 2024-2025. Tedes toda a información na seguinte ligazón:

Moitas grazas.