Datas importantes para o comezo de curso

06.09.2024

Prezadas familias:

En poucos días dará comezo o novo curso escolar, un tempo que agardamos con ilusión, cheo de oportunidades para que os nosos nenos e nenas sigan medrando e aprendendo. Confiamos en que desfrutarades dun verán inesquecible, compartindo momentos únicos cos vosos familiares e amigos.

Esta nova publicación é para lembrarvos a importancia de prestar atención a todas as novidades e comunicacións que se compartirán a través da páxina web do colexio, desta páxina da ANPA e das nosas redes sociais e canle de WhatsApp. Aquí encontraredes toda a información e datas sobre eventos, xuntanzas, inscricións, actividades, novas  relevantes e moito máis. 

📢 Lembrade unirvos a nosa canle de WhatsApp e activar a 🔔 para non perder as notificacións ➡️ https://bit.ly/whatsapp_anparasa 


Queremos destacar as seguintes datas importantes:

  • Prazo de reserva dos libros de texto do banco de préstamo da ANPA: hoxe, venres 6 de setembro, remata o prazo de reserva dos libros. Para todas aquelas familias que non o fixesen a tempo en xullo ou non puidesen consultar a lista de libros concedidos polo fondoLibros da Xunta, lembrade facelo hoxe. Unha vez feita a reserva e enviado o formulario, non tedes que facer nada máis ata que se vos avise da recollida dos mesmos.
  • Xornada de presentación ás novas familias do espazo de comedor e equipo educativo: martes 10 de setembro ás 17:00 horas. Dirixida a novas familias usuarias do servizo de comedor, na que se presentará o equipo de educadoras e educadores do servizo, para que os nenos e nenas podan coñecer ás persoas coas que van compartir o importante momento do xantar. Tamén se dará resposta ás dúbidas que teñan as familias sobre o funcionamento deste servizo.
  • Xuntanzas de comezo de curso de Educación Infantil: Podedes atopalas na web do centro a medida que se publican. Terán lugar na biblioteca no seguinte horario:
  • 4º Educación Infantil: Venres 6 de setembro ás 11:30 h.
  • 6º Educación Infantil: Luns 9 de setembro ás 11:00 h.
  • Comezo das clases: mércores 11 de setembro.
  • Xuntanza de Actividades Extraescolares: luns 16 de setembro ás 16:00, na biblioteca. Contaremos coa presenza dos técnicos da Federación de ANPAs e cos responsables das empresas privadas que impartirán as actividades.
  • Prazo de inscrición ordinaria en Actividades Extraescolares: ata o 15 de setembro ou ata esgotar número máximo de prazas. Toda a información na ligazón:

Queremos aproveitar para expresar o noso sincero agradecemento pola gran resposta na inscrición e renovación de familias socias para este novo curso. Unha avalancha de ilusión que reforza unha comunidade educativa sólida e colaborativa e garante o compromiso e implicación de todos e todas. 

Se aínda non o fixestes, aproveitade agora para unirvos e asegurádevos de que nos proporcionades un enderezo electrónico válido para recibir todas as nosas circulares. É importante lembrar que só podemos enviar información por correo ás familias que renoven a súa condición de socias cada curso, para poder engadirvos á nosa base de datos. Aquí tedes a ligazón con toda a información necesaria para facelo:


Se tedes algunha pregunta ou precisades máis información sobre este ou outros temas deste principio de curso, non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través das nosas canles de comunicación (teléfono, formulario de contacto da web, mail e RRSS).

Desexámosvos unha boa fin de semana de remate das vacacións e, sen dúbida, de planificación deste novo curso que xa arranca. 

Vémonos pronto!