Vai de datas!
Prezadas familias,
Para ter a información xunta e facilitar a lectura, agrupamos nesta nova as datas importantes con eventos que terán lugar estos días e os prazos que inician ou rematan esta semana:
📌 Hoxe 31 de marzo: remata o prazo para que nos fagades chegar o impreso cuberto da doazón ou cobro da axuda de comedor. Aínda non recibimos o 18% dos impresos. As que son se reciban serán consideradas doazóns destinadas a:
- A mellora dos servizos educativos e de apoio que ofrecemos, como a contratación dun educador para o servizo de madrugadores, permitindo que todos os nenos e nenas, incluídos aqueles con necesidades educativas especiais (NEAE), poidan recibir a atención que precisan sen limitacións
- A mellora do actual comedor, para darlle un toque de cor e xerar un espazo máis acolledor e un ambiente máis cálido, enfocado no benestar dos nenos e nenas.
🔗 Toda a información na nova da ligazón: Axuda comedor curso anterior (2023-24)
📌 31 de marzo: Por unha incidencia técnia, ampliado o prazo durante o día de hoxe, de inscrición e confirmación na carreira de Matogrande-Xuxán do Circuito Coruña Corre. Poderase formalizar a través do correo consulta@championchipnorte.com, proporcionando os seguintes datos: Nome, apelidos, DNI, data de nacemento, Sexo, Categoría, e lembrade indicar o colexio.
📌 Do 31 de marzo ao 9 de abril: Inscricións no Recuncho do Xogo. O Concello da Coruña, a través da Rede de Centros Cívicos Municipais, organiza actividades de lecer con xogos, dinámicas e obradoiros para menores de 4 a 12 anos durante os días de Semana Santa.
- 🔗 Toda a información na web municipal: Recuncho do Xogo Semana Santa 2025
📄 Podedes descargar o tríptico informativo nesta ligazón: Folleto Recuncho do Xogo
📌 Xoves 3 de abril ás 12:00 h do mediodía: remata o prazo para votar no concurso Cantamos coas Mans. Non deixedes de votar e, sobre todo, compartir!
- 🔗 Toda a información na nova da ligazón: Vota pola Forza de Hércules!
📌 Venres 4 de abril: remata o prazo para a presentación de solicitudes de bolsas de comedor escolar para o curso 2025-2026. Toda a información na nova da ligazón: Bolsas comedor 2025-2026
📣 EXTRA EXTRA! 📣 Venres 4 de abril: O alumnado de 6º e as súas familias, organizan o tradicional mercadiño de segunda man que terá lugar no patio do noso cole este venres. Recibiredes de primeira man toda a información en breve, pero reservade xa a data porque non podedes faltar 📣
📌 Domingo 6 de abril: Segunda carreira do Circuito de carreiras populares Coruña Corre.
Un saúdo.