Encántanos o reto!
Prezadas familias,
Encantounos recibir a invitación á participación no Plan de Convivencia do noso cole. Como ANPA, formamos parte dos Consellos Escolares e da Comisión de Convivencia. Trasladarvos a ledicia e entusiasmo, así como o esforzo, que vivimos nestes grupos de traballo, para construír un novo Plan de Convivencia que dé resposta ás novas realidades e necesidades das nosas nenas e nenos.
Queríamos agradecer as vosas achegas á ANPA en forma de comunicacións, preocupacións e suxestións dende o comezo deste novo curso. Axúdanos moito para poder informar ao centro e dar visibilidade a todas estas cuestións de convivencia, inquedanzas, participación familiar, melloras,... Con elas, a ANPA, ademáis de informar, pode traballar novas propostas e actuacións que melloren a convivencia escolar.
Como indica a nota informativa enviada onte pola dirección do centro, inicianse as seguintes accións:
- Xornadas de información ás nenas e nenos.
- Enquisas para cada ciclo para o alumnado.
- Enquisas para as familias, que se enviarán este venres 10 e que deberán ir cubertas de volta antes do día 17 deste mes. Pódense enviar polos nenos e nenas ou pódense entregar no buzón habilitado na biblioteca de 9 a 9:15 ou de 16 a 18 horas.
- Enquisas para o persoal docente.
Nós xa aceptamos o reto con satisfacción, encántanos! Estamos seguras e convencidos que, coa indiscutible e inmensa participación que vivimos neste tempo, a vosa implicación neste Plan de Convivencia está garantida.
Moitas grazas.