Enquisa servizo de comedor
Prezadas familias:
A poucos días de que remate o curso, queremos pedirvos a vosa opinión sobre un dos servizos xestionados dende a ANPA: comedor e madrugadores.
O obxectivo desta enquisa é coñecer o grao de satisfacción das familias usuarias destes servizos imprescindibles do centro e recoller suxerencias e aspectos de mellora.
Pregámosvos a máxima participación. Serán apenas 10 minutos do voso tempo e é de carácter anónimo. Podedes expresar a vosa opinión sobre a comida servida, o persoal que atende o servizo, as instalacións, a empresa, sobre madrugadores, así como calquer outra cuestión que vos apeteza achegar. Para nós será de grande utilidade, xa que os resultados obtidos serán tidos en conta en accións futuras.
A enquisa estará activa ata o próximo 29 de xuño, día no que cerraremos para recopilar os resultados, que serán publicados posteriormente na nosa páxina web.
Podedes acceder desde a seguinte ligazón:
Moitas grazas pola vosa participación.