Enquisa de avaliación sobre o servizo de comedor durante o curso 2022-2023

21.06.2023

Prezadas familias:

Hoxe remata o curso e temos moitas ganas de festa. Pero tamén queremos pedir de novo a vosa colaboración para recoller a vosa opinión sobre un dos servizos xestionados dende a ANPA: comedor e madrugadores.

O obxectivo desta enquisa é coñecer a valoración que facedes as familias usuarias destes servizos imprescindibles do centro e recoller suxerencias e aspectos de mellora. É fundamental que os vosos fillos e fillas participen na enquisa, pois eles son os que mellor coñecen o servizo e todas as melloras van dirixidas a mellorar a calidade e calidez so servizo.

Pregámosvos a máxima participación. Serán apenas 5 minutos do voso tempo e é de carácter anónimo. Podedes expresar a vosa opinión sobre a comida servida, o persoal que atende o servizo, as instalacións, a empresa, sobre madrugadores, así como calquer outra cuestión que vos apeteza achegar. Para nós será de grande utilidade, xa que os resultados obtidos serán tidos en conta en accións futuras e servirán de sondaxe sobre os cambios introducidos durante este curso.

A enquisa estará activa ata o próximo 29 de xuño, día no que a pecharemos para recopilar os resultados, que serán publicados posteriormente na nosa páxina web.

Podedes acceder desde a seguinte ligazón:

Moitas grazas pola vosa participación.