Festa de entroido 2025

18.02.2025

Prezadas familias 💓

🎊 Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa a festexar un dos eventos máis agardadados do ano: O Entroido

📅 O vindeiro venres 28 de febreiro imos celebrar, no recinto do centro, unha FESTA DE ENTROIDO de 17:00 a 19:00 horas 🎭 No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, celebrarase unha semana máis tarde: o venres 7 de marzo, no mesmo horario (avisaríamos uns días antes): 

  • 🆓 Familias socias ANPA: entrada de balde (a cuota anual de socios xa inclúe o seu custo). Non teñen que mercar entrada. É suficienteimprescindible presentar o novo carné de socio para poder acceder ao recinto. Revisade a vosa bandexa de entrada e tamén a carpeta de correo non desexado, e poñédevos en contacto con nós en caso de que non o teñades (foron enviados entre o 13 e o 16 de febreiro, e posteriormente ás novas altas que xa foron chegando).
  • 💰 Familias non socias: imprescindible mercar entrada de forma anticipada:
  • 💶 Prezo: 10 € por cada alumno ou alumna.
  • 🎟️ A venda anticipada de entradas será no comedor no seguinte horario:
  • 📅 Mércores 19, de 16:30 a 17:30 horas.
  • 📅 Venres 21, de 17:00 a 18:00 horas.
  • 📅 Luns 24, de 9:00 a 9:30 horas.
  • 📅 Martes 25, de 9:00 a 9:30 horas.
  • ✋ Non se venderán entradas o día da festa.
  • ⛔ Peche de portas de entrada ás 17:20.
  • 🚪 Saída ás 19:00.
  • 🚼 Irmáns menores (0-3) non escolarizados non precisan entrada e poden acompañar ás familias, ao igual que os adultos responsables.

😋 As nenas e nenos de 6º de primaria venderán exquisitas merendas variadas. Traede cartiños preparados e así, entre todos e todas, axudarémoslles a cubrir o gasto da excursión de fin de curso

✨Haberá espazos de xogo, talleres, animación musical... Anotádeo na vosa axenda e non faltedes! 📅

👏 Grazas pola vosa participación e colaboración.