Información relativa ao novo curso 2021-2022
Benqueridas familias,
Esperamos que teñades pasado un bo verán e veñades cas pilas cargadas! Dende a ANPA RASA
queremos darvos a benvida a un novo curso escolar, que esperamos sexa máis fácil que o anterior.
Con esta circular queremos informarvos dos seguintes temas:
Coma noutros anos, este servizo estará xestionado por Arume, polo que as altas nestes servizos faránse directamente con eles. A inscrición no servizo de comedor e madrugadores debe facerse a través da APP ColeChef, tedes información relativa o seu uso na nosa páxina web.
Este ano a saída será de 15:45 a 16:00 h. Ademais, en caso de necesidade (avisando previamente a ARUME), poderá sairse ás 15:15 h.
Pregamos que a autorización de recollida que se lle entregará os nen@s o primero día de clase, sexa entregada ó día seguinte cuberta e asinada.
Madrugadores está pensado para aqueles que precisen deixar os alumn@s no centro antes do comezo
das clases, concretamente de 7:30-8:30 h.
O servizo de conciliación de Arume é alternativo ao da ANPA (Agarda con nós): para aquelas familias
que precisan unha extensión de tempo á hora de recoller aos seus fillos e fillas despois do comedor e
que non teñen intención de quedarse a actividades extraescolares en horario de tarde, os seus nenos e
nenas poden permanecer no centro en horario de 16 a 16:30 h. Para que este servizo se poda ofertar,
deberán presentarse a lo menos 10 solicitudes.
É o servizo de Conciliación que pon en marcha a ANPA, para aqueles nen@s cuxos pais/nais non poden recollelos as 14:00 e non queren usar o servizo de comedor. Este servizo funciona de 14:00-15:00, e durante ese tempo os usuarios estarán ao coidado dun monitor, ata que sexan recollidos. Haberá dous horarios de recollida, as 14:30 h e as 15:00 h. Os usuarios que queiran facer uso deste servizo deberán mandar un mail á ANPA indicando: nome do alumno, curso, días que precisa e hora de recollida.
Segundo as novas especificacións sobre aforos da Xunta, e debido a que a actividade realíase no espazo mais amplo do colexio, a limitación de aforo é máis amplia, tendo como límite o ratio normal de nenos por monitor. No caso de que haxa limitación de prazas, darase prioridade aos alumnos que necesiten todos os días de semana respecto doutros que necesiten menos días.
Os prezos son os seguintes:
Igual que en anos anteriores, teremos actividades extraescolares, das cales informarase os próximos días. Toda a información actualizada verase publicada na nosa páxina web.
ALTAS OU RENOVACIÓNS DE SOCIOS
Recordamos que a alta ou renovación de socio debe facerse dende a nosa web a través do formulario
on line.
A cuota de socio anual é de 25€ por familia.
Para calquer dúbida podedes contactar connosco no teléfono 615 512 306 (chamada ou whatsapp),
enviándonos un correo electrónico ao mail anparamondelasagra@gmail.com., ou a través da nosa
páxina web www.apa-rasa-ramondelasagra.es, onde a parte de encontrar toda a información relativa á
ANPA, tamén atoparedes un formulario para contactar connosco (pestana contacto).