Información de inicio Actividades Extraescolares 2024-2025
Prezadas familias:
Con moita ilusión iniciamos esta semana, na que darán comezo as actividades extraescolares o martes 1 de outubro. Temos a seguridade de que serán un punto de relación, aprendizaxe e diversión para todas as nenas e nenos do noso cole. Este ano tamén participarán as nenas e nenos do CEIP María Pita.
Queremos informarvos nesta nova das actividades que se levarán a cabo segundo o resultado das inscricións nas mesmas. Lede con atención ata o final para non perder detalle:
- Haberá grupos de todas as actividades ofertadas, agás Prexadrez, Xadrez e Robótica de 17 a 18 horas, xa que non cubriron o mínimo de inscricións para levarse a cabo. Sentímolo moito por aquelas nenas e nenos aos que non lles saiu a actividade que escolleran 😿.
- Para todos os grupos de Ludiverso, só sairá no horario de 16:00 a 17:00 h.
- Ao remate desta primeira semana de actividades, poñerémonos en marcha coas novas actividades que foron propostas polas familias, que xa están en estudo de viabilidade, sendo comentadas no primeiro Consello Escolar deste curso celebrado o pasado luns 23 de setembro.
Ademais, tede en conta o seguinte:
- Actividades dos programas da Federación de ANPAs: as familias poden inscribirse en calquera actividade do cadro final, enviando un email a actividades@fedapascoruna.org. Ainda hai prazas en case todas as actividades.
- Actividades de Robótica e Sonicreques: as empresas contactarán coas familias inscritas. Quedan algunhas prazas libres en Robótica no grupo do martes de 16 a 17 h. En Sonicreques só quedan prazas libres nos grupos dos venres (1 praza en Infantil e 2 prazas en Primaria)
- Programa de Natación Escolar: O prazo de inscrición está aberto ata o venres 4 de outubro, só para as familias que fixeron a preinscrición no prazo indicado.
Agardamos que deste xeito cubrades todas as vosas necesidades de conciliación. Lembramos que as actividades inician o día 1 de outubro. Durante todo o curso pode haber novas inscricións se hai prazas.
Na seguinte ligazón tedes o cadro definitivo de actividades, organización de entradas e saídas e nomes das educadoras e educadores responsables de cada unha, así como o espazo no que terá lugar.
Estade atentos a nosa páxina web. Os inicios soen vir acompañados de cambios organizativos. Pregámosvos colaboración e comprensión nestes primeiros días. Toda a comunidade educativa traballamos para que a actividade escolar, lectiva e non lectiva, se desenvolva da mellor maneira posible. Coas nosas nenas e nenos no centro, procurando que todo se adecúe as súas necesidades.
Todo esta organización só é posible grazas á vosa colaboración. Lembrarvos que, se ainda non o fixestes, na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder contribuir a formar unha comunidade educativa máis forte e unida, con capacidade para poder sacar adiante máis actividades e proxectos neste curso escolar 2024-2025:
Moitas grazas.