Información importante e datas. Fin de curso 2023-2024
14.06.2024
Prezadas familias:
O curso académico está a piques de rematar, pero antes temos que anunciarvos varias datas, nas que terán lugar os seguintes importantes e agardados eventos:
- Xoves 20 de xuño, de 16:00 a 17:00 h.: Exhibición de Actividades Extraescolares dos programas educativos da Federación de ANPAs. Será un evento participativo, aberto ás familias e de entrada libre, no que as educadoras e educadores, coa participación dos nenos e nenas, nos farán en conxunto unha pequena mostra das propostas que tiveron lugar no noso centro durante este curso. De todos os xeitos, tede en conta que as actividades rematarán o día seguinte, o venres 21 de xuño 🏀
- Venres 21 de xuño, de 17:00 a 20:00 h.: FESTA DE FIN DE CURSO. A tan agardada festa de peche de curso terá lugar, se o tempo o permite, no patio do colexio. A entrada será de balde para as familias socias (a cuota anual xa inclúe o custo da entrada). O prezo da entrada para non socios será de 10 € por neno ou nena. As entradas poderán mercarse (só non socios), no comedor, o mércores 19 de 9:00 a 9:30 h. e de 17:00 a 18 h., ou o xoves 20 de 9:00 a 9:30 h. Estade atentos, porque en caso de choiva, avisaremos do traslado da festa ao pavillón polideportivo do Barrio das Flores. Neste caso, tede en conta que na pista, por motivos de aforo, só poderán estar acompañados os nenos e nenas desde 4º de Infantil a 2º de Primaria. O resto de familias poden estar nas bancadas (gradas). Pero confiamos en que non vai chover! Proximamente, teredes máis información sobre a festa 😉
- Martes 25 de xuño, Asamblea Ordinaria de familias socias da ANPA. Ainda que o vindeiro luns 17 enviaremos a convocatoria formal coa orde do día, ide reservando a data, xa que despois da asamblea faremos un encontro de todas as familias do colexio que queiran acudir, no que contaremos coa presenza do arquitecto Fermín Blanco. Suporá o inicio das obras da reforma do patio. Todas as familias estades convocadas a este emocionante momento 👷♂️
- Durante o mes de xullo actualizaremos información para que poidades solicitar os libros do banco de préstamo da ANPA (alumnado de 3º a 6º de Primaria), información de Actividades Extraescolares, alta/renovación de familias socias, comedor, etc. Non deixedes de visitar a web e consultar as nosas redes sociais.
Estamos desexando celebrar con vós todos estes eventos.
Recibide un agarimoso saúdo.