Información exposta na Xuntanza de Actividades Extraescolares 2024-2025

12.09.2024

Prezadas familias:

Como sabedes, hoxe tivo lugar a xuntanza informativa sobre as actividades extraescolares públicas e privadas que se ofertan para este curso 2024-2025. Agardamos que as familias que puidestes asistir atopásedes resposta a todas as vosas dúbidas e inquedanzas. Esta nova ten como finalidade servir de resumo para as familias asistentes e de información para quen non puido asistir.

A ter en conta:

  • O cadro proposto nace dun estudo previo elaborado a partir da enquisa de valoración das actividades do curso pasado e da enquisas de preferencias que se recolleron a finais de xuño. As propostas analízanse coa Federación de ANPAs e constrúese unha proposta de cadro, que se comparte co equipo directivo e se aproba en Consello Escolar, dando lugar ao cadro publicado para este curso.
  • O prazo de inscrición nas actividades do cadro proposto remata o 15 de setembro. Podedes inscribirvos na seguinte ligazón:
  • As actividades que se ofertan no cadro, que acaden o mínimo de inscricións, son as que comezan o 1 de outubro.
  • Na seguinte ligazón podedes ver o avance das inscricións, para que poidades ver as actividades con máis posibilidades de sair adiante:
  • Froito das novas suxerencias e peticións que nos achegastes, habería posibilidades de formar outros grupos de actividades para o ciclo de 1º, 2º e 3º de Primaria, en horario de 16 a 17 horas, de Predeporte ou Prepatinaxe II.
  • Na mesma ligazón anterior podedes ver as opcións que nos achegastes, e o número de peticións das mesmas. Por este motivo, habilitamos un formulario para que vos inscribades na opción que mellor vos conveña das dúas que teñen opcións de sair adiante (Predeporte e Prepatinaxe II). De acadarse o mínimo de inscricións nalgunha delas, trasladaríamos a información á Federación de ANPAs e ao centro, para analizar a posibilidade de que a actividade poda levarse a cabo, algo condicionado á disponibilidade de espazos.

Toda a información e cadro de actividades, así como as ligazóns de inscrición, na seguinte sección da web: