Mercadiño a beneficio excursión 6º Primaria 

09.04.2025

Ola familias,

O alumnado de sexto de primaria convídavos a participar, este venres 11 de abril a partir das 17:30 horas, nun mercadiño de segunda man que terá lugar no patio do noso cole.  Esta é xa a última actividade para recadar fondos para a excursión de fin de curso que realizarán no mes de maio 🌏

Animamos a participar nesta actividade, de acceso aberto a toda a comunidade educativa, na que haberá música, chocolate, palomitas, ... e moitas cousas máis! Desfrutaremos dunha tarde de convivencia en familia 🫂

Agardamos que poidades atopar cousiñas interesantes que mercar ás que darlles unha segunda vida. Non esquezades traer cartiños! 🪙

Moitas grazas, e vémonos este venres 🥳