Campaña de natación escolar 2023-2024

09.09.2023

Prezadas familias:

Trasladamos nesta nova a información da Concellería de Deportes do Concello da Coruña, sobre o inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos. 

A Campaña vai dirixida ao alumnado de Educación Primaria de 2º, 3º e 4º curso, de Centros Públicos, con un número total de 500 prazas ofertadas na campaña, distribuídas en tres piscinas (Riazor, San Amaro e San Diego). Para o noso centro,  levarase a cabo na piscina de San Diego, os martes de 16:45 a 17:30 horas. O custo total da actividade por alumno ou alumna é de 53,47 €.

O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 22 de setembro, debe facerse nas oficinas do C.D.M. de San Diego e é preciso levar unha copia do DNI do pai ou nai e unha copia do DNI do neno ou nena ou do libro de familia en caso de non dispoñer do DNI. A inscrición e pago poderase realizar por orde de chegada, entregando a folla de inscripción debidamente cuberta, que podedes descargar da seguinte ligazón:

Esta é unha actividade organizada e xestionada polo Concello, a ANPA só actúa como coordinadora, polo que serán as propias familias do alumnado inscrito na actividade (non a ANPA) as que se fagan cargo da entrega e recollida no autobús. A hora de recollida serán ás 16:15 e a de entrega de volta as 17:55, na parada de diante do Centro, na Ronda Camilo José Cela. Para dúbidas organizativas e de coordinación, contactar no teléfono da ANPA, 615 512 306.

Para calquera aclaración sobre a actividade, poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes, no teléfono 981 189 800.

A data prevista de comenzo da Campaña de Natación Escolar será o 2 de outubro, e a de finalización será o 31 de maio.


Por último, lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2023-2024. Unha comunidade educativa forte e unida só pode ser posible co apoio e colaboración de todos e todas. Aproveitade agora para facelo, se ainda non tivestes ocasión:

Desexarvos un bo comezo de curso!