Nova actividade de Robótica e Programación con EnxeñoLabs

30.11.2023

Prezadas familias:

Dende a ANPA, comprácenos anunciarvos con ilusión unha actualización nas actividades extraescolares. Tras analizar as vosas suxestións e comentarios sobre a actividade de robótica que se estaba ofrecendo ata agora, tomamos a decisión de asociarnos cunha nova empresa provedora: EnxeñoLabs, compañía de ámbito local, con sede en Novo Mesoiro, e recoñecida pola súa excelencia no campo da robótica e a programación educativa, para dar continuidade á actividade xa a partir do mes de decembro.

EnxeñoLabs destaca polo seu compromiso coa calidade, a innovación e a promoción da aprendizaxe STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas), traballando cun enfoque integral a través de proxectos, xogos e retos, onde os nenos e nenas son os protagonistas. Cremos que esta actividade ofrecerá aos vosos fillos e fillas unha experiencia enriquecedora que fomentará habilidades fundamentais como o traballo en equipo, a creatividade e o pensamento crítico.

Os detalles da actividade son os seguintes:

  • Empresa provedora: EnxeñoLabs by Dismedia.
  • Web: https://enxenolabs.gal/
  • Custo mensual: 25 €/mes por participante.
  • A data límite de inscrición é o 1 de decembro e aberta posteriormente en caso de formar grupo, ata acadar o número máximo de prazas.
  • Inscrición na ligazón: https://bit.ly/3QP9xcK
  • Datas e horarios da actividade: os mesmos que ata agora:
  • 6º de Infantil e 1º de Primaria: Martes de 17 a 18 horas.
  • 2º a 6º de Primaria: Mércores de 17 a 18 horas.

Para que esta nova actividade poida iniciarse requírese un mínimo de 8 inscricións por cada grupo. Animámosvos con ilusión a considerar esta oportunidade e a inscribir aos vosos fillos ou fillas para formar parte desta experiencia educativa única. A robótica e a programación son áreas apaixonantes que promoven habilidades fundamentais para o futuro, e cremos que EnxeñoLabs proporcionará unha experiencia gratificante para todos e todas. Non deixedes pasar a oportunidade!

Aproveitamos a ocasión para agradecervos o voso apoio continuo e a confianza nas actividades que, co esforzo de todos e todas, levamos a cabo na nosa escola, co compromiso dunha educación integral de calidade e calidez para o noso alumnado e facilitando a conciliación e necesidades de todas as familias.

Unha aperta.