Información importante sobre Actividades Extrascolares 2022-23 e conciliación
Prezadas familias:
Agardamos que esteades a disfrutar do verán e das vacacións. Permitídenos interromper uns minutos o voso descanso para facervos chegar varias novas que agrupamos todas nesta entrada con información importante sobre a conciliación de cara ao curso que xa empeza en menos dun mes:
- Actividades Extraescolares
- Agarda con nós
- Comedor e madrugadores
- Cóxegas de setembro: AVISO IMPORTANTE!!!
Actividades Extraescolares
Xa temos a proposta de actividades extraescolares deseñada para o curso 2022-2023. Como sabedes, a finais do curso pasado, participastes nunha enquisa co obxectivo de coñecer as vosas necesidades e preferencias.
Tendo en conta os resultados obtidos, dende a ANPA estivemos traballando para deseñar unhas actividades públicas e de calidade que garantan a accesibilidade de todas as nenas e nenos do noso centro e dé resposta ás demandas que nos fixestes chegar a través da enquisa, onde as actividades deportivas e a necesidade de conciliación de 16 a 18 horas, foron os puntos máis valorados e solicitados.
- Ludiverso
Para aquelas familias que nos fixestes chegar a necesidade dun horario máis completo semanal (de luns a venres de 16 a 18 horas), con posibilidade de recollida ás 17 ou ás 18, deseñamos, en coordinación co colexio e coa Federación de ANPAS, e atendendo a criterios pedagóxicos e ás necesidades das nenas e nenos, un programa multidisciplinar que chamaremos Ludiverso, cun equipo educativo e uns grupos de conviencia estables que garantan unha actividade complementaria de calidade e calidez.
- Actividades deportivas: xogos motores, predeporte, multideporte e baile moderno
Por ser a proposta máis demandada, todos os días da semana se ofertarán actividades deportivas máis puntuais, cunha duración de 2 horas semanais. Inclúese tamén a actividade de baile moderno.
- Sonicreques
En base ás vosas demandas, a actividade de Sonicreques continúa pero cunha oferta de grupos máis ampla e variada cunha duración de 1 hora semanal.
- Inglés
Este curso, a actividade de idioma inglés vaise ofertar coa proposta da Federación de ANPAS de "Idiomas no Centro", cun novo programa lingüístico para todas as franxas de idade, cunha duración de 2 horas semanais.
Todas estas actividades terán lugar dende o 3 de outubro ata o 31 de maio. Na seguinte ligazón, podedes consultar o cadro de actividades, así como unha descrición máis ampla de cada unha:
Ademáis, poñemos á vosa disposición un formulario de preinscrición das actividades que sexan do voso interese. É necesario que vos anotedes para saber a demanda de cada actividade e poder axustala en caso necesario. Este formulario non implica a inscrición definitiva, xa que esta deberá facerse a través do portal da Federación de ANPAS a partir de setembro, unha vez se confirme o cadro definitivo de actividades.
Neste formulario de preinscrición ides atopar un espazo para suxerir novas actividades que non se recollan na proposta inicial. Se xorden intereses comúns, poderán formarse máis grupos que darían lugar a máis propostas. Lembrade que é preciso un grupo de 10 alumnos e alumnas para poder iniciar unha actividade.
A semana do 12 de setembro organizaremos unha xuntanza para informarvos das actividades que se iniciarán a partir do 3 de outubro, onde poderedes aclarar todas as dúbidas e preguntar o que precisedes.
Agarda con nós
Como unha alternativa de conciliación ás familias que non queren facer uso do servizo de comedor pero non poden acudir ao centro á hora da saída, seguimos apostando por Agarda con Nós.
Este servizo estará en funcionamento desde o 8 de setembro e podedes insribirvos en calquer momento coas indicación que atoparedes na seguinte sección da web:
Comedor e madrugadores
Como xa informamos na web e nas redes sociais, desde o mes pasado tedes aberta a inscrición nos servizos de comedor e madrugadores a través da aplicación Colechef.
Cóxegas de setembro
Como sabedes, Cóxegas é unha proposta da Federación de ANPAs que lle dá resposta á demanda de conciliación familiar en tempo extraescolar, durante os períodos en que as ANPAs non desenvolven actividades extraescolares.
Ata agora, tiña lugar nos meses de setembro e xuño. Pois ben, desde a Federación de ANPAs nos informaron de que, durante este curso, non van a ofertar a actividade no mes de setembro.
Desde a ANPA estamos buscando empresas que ofrezan unha actividade alternativa de calidade en horario de 16 a 18 horas (e con posibilidade de recollida ás 17 ou ás 18). Por iso, é moi importante que as familias que precisedes este servizo nolo comuniquedes o antes posible a través dos nosos medios habituais: correo electrónico, teléfono ou redes sociais.
Moitas grazas.