#obxectivomediaducia
Prezadas familias,
Lembrade que este mércores 30 ás 12 da noite remata o prazo para votar pola nosa proposta de patio nos Orzamentos Participativos. É necesario un último esforzo nestes dous días e acadar máis votos. Non esquezades votar e seguir convidando a outras persoas a que o fagan.
Sumámonos á idea de Lupita co seu reto #obxectivomediaducia e fixemos un vídeo que resume o que poderiamos acadar se cada familia consigue alomenos 6 votos. Os nosos nenos e nenas téñeno moi claro e pídenvos este último esforzo:
Se conseguides o #obxectivomediaducia podedes colgar no noso tendal algo verde: un globo, un lazo, unha figura con goma eva, ... Temos que conseguir unha morea de medias ducias de votos!
Precisamos todos os votos posibles, precisamos un patio mellor! Grazas a toda a comunidade educativa, farémolo posible!
Lembrade como votar:
A través da web https://bit.ly/votacionfinal ou de maneira física nas urnas postas a disposición da cidadanía: