Organización Actividades Extraescolares
Prezadas familias,
Este luns 3 de outubro empezan as actividades extraescolares. Dende a ANPA, coñecedores da vosa participación e implicación, sabemos que ides a formar parte das mesmas, dun xeito activo e responsable. Así, entre todos e todas, axudaremos a que as nenas e nenos poidan desfrutar do programa de actividades extraescolares.
Nesta nova achegamos a información de cada actividade para que poidades falar coas vosas fillas e fillos. Así, xa saberán onde van a realizar as actividades e o nome das educadoras e educadores que mañá coñeceran por primeira vez, e cos cales inician unha nova aventura, na que o desfrute e a aprendizaxe se alían para vivir unha experiencia persoal moi positiva.
Pregamos que, para que todo marche o mellor posible, todas e todos respetemos os horarios e puntos de entrega e recollida das vosas fillas e fillos. É moi importante a puntualidade, tanto na entrega como na recollida, así como deixar o espazo do patio libre o antes posible. Moitas das actividades faranse neste espazo e, sen querer, podemos irrumpir o seu bo funcionamento.
As nenas e nenos que acoden ao servizo de comedor, serán acompañados polas educadoras e educadores deste servizo, aos diferentes puntos de comezo das actividades. As familias que traen aos nenos e nenas da súa casa non poden deixalos a cargo do persoal de comedor. Teñen que agardar a que os recolla a educadora ou educador responsable de cada actividade no punto indicado.
Na seguinte táboa tedes toda a información sobre a organización:
ACTIVIDADE | EDUCADOR/A RESPONSABLE | PUNTO DE RECOLLIDA E ENTREGA ÁS FAMILIAS |
---|---|---|
LUDIVERSO Infantil | Helena | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. |
LUDIVERSO 1º a 3º Primaria | Diego | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos ao educador responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. |
LUDIVERSO 4º a 6º Primaria | Pablo Naya | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. |
INGLÉS Infantil | Claudia e Emilio | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos aos educadores responsables da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. |
INGLÉS 1º a 3º Primaria | Claudia | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos aos educadores responsables da actividade. Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán acompañados polos edudadores responsables. |
XOGOS MOTORES Infantil | Cristina Piñeiro | Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal.As familias agardan coas nenas e nenos ata que a educadora responsable da actividade os recolla. Os nenos e nenas do comedor agardan neste espazo co equipo educativo do comedor. |
PREDEPORTE 1º a 3º Primaria | Pablo Barreiro | Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal.As familias agardan coas nenas e nenos ata que a educadora responsable da actividade os recolla. Os nenos e nenas do comedor agardan neste espazo co equipo educativo do comedor. |
MULTIDEPORTE 3º a 6º Primaria | Pablo Barreiro | Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal.As familias agardan coas nenas e nenos ata que a educadora responsable da actividade os recolla. Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán acompañados polos educadores responsables. |
BAILE MODERNO 3º a 6º Primaria | Cristina Nino | Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal.As familias agardan coas nenas e nenos ata que a educadora responsable da actividade os recolla. Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán acompañados polos educadores responsables. |
NATACIÓN 3º e 4º Primaria | Parada do Bus en R/Camilo José Cela fronte ao colexio. As familias achegan e recollen as nenas e nenos. O bus pasa ás 16:15 e regresa ao mesmo punto ás 17:55. Tendo en conta este horario, as familias acceden á parada por fóra do cole. |
|
SONICREQUES | Cristóbal | Porta do Comedor, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan na entrada do comedor a que o educador responsable desta actividade recolla ás nenas e nenos. Os nenos e nenas de 1º a 3º de Primaria que veñen da actividade de 16 a 17, serán acompañados polos educadores responsables. |
Para aquelas nenas e nenos que acoden a Ludiverso e o complementan con Inglés e/ou Sonicreques, as educadoras responsables xa dispoñen dunha relación cos seus nomes, xunto co trasvase de actividade de 17 a 18, que lles compartimos dende a ANPA. Agradecemosvos que tamén o comentedes coas vosas fillas e fillos, así como coas educadoras os primeiros días, mentres non se coñecen, para colaborar a que todos os cambios se produzan sen grandes incidencias.
Pregamos paciencia e comprensión durante estes primeiros días de inicio. En calquera caso, tal e como comentamos na xuntanza de actividades, todas e todos formamos parte de este proxecto, polo que vos agrademos que calquera incidencia ou suxestión de mellora a compartades con nós a través das canles de comunicación habituais, mail ou teléfono.
Lembrarvos que hoxe ás 00:00 remata a preinscrición das novas actividades que propuxestes as familias:
Para que estas novas actividades podan levarse a cabo e formar grupos, é necesario que fagades a preinscrición no prazo indicado, sendo preciso acadar un mínimo de 10 participantes para as actividades que oferta Federación e de 16 inscricións para a actividade de Robótica.
O martes 4 de Outubro recibiredes un correo confirmando os grupos que cubren actividade por chegar ao mínimo de inscritos, e facilitaremos os datos a Federación e EnxeñoLabs para que nos informen da data de inicio destas actividades.
Agradecemos, coma sempre, a vosa participación e implicación. Lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades.
Moitas grazas.