Patinaxe Infantil 2024-25: Primeiro Trimestre

24.12.2024

Ola familias!

Este trimestre, para os pequenos de infantil, a patinaxe foi todo un reto. Aprendemos todos xuntos, xa que para moitos era a primeira vez que se poñían uns patíns. Empezamos aprendendo a colocarnos todas as proteccións: a poñernos as xeonlleiras, as coderas, as muñequeiras e, o máis importante, o casco!

Algúns empezaron deslizándose nun só patín para aprender a manter o equilibrio e, aos poucos, foron evolucionando ata este último mes no que todos rodan sen problema cos dous patíns. Tamén aprenderon a sortear obstáculos, a saltalos, a agacharse e a patinar xogando a unha chea de xogos adaptados para a patinaxe.

Á volta das festas, aínda nos quedan moitas cousas máis por aprender e practicar! Esperamos poder contar convosco! Mentres tanto, podedes desfrutar cunha pequena mostra nesta fotogalería: