Pícnic de comedor nas excursións de fin de curso

02.06.2022

Prezadas familias:

É tempo de recibir o verán e, como cada ano, é tempo das excursións de final de curso. En moitas desas excusións, o alumnado non está de volta ata pola tarde, polo que teñen que levar a comida para xantar.

As familias usuarias do servizo de comedor, tedes a posibilidade de solicitar que Arume lles proporcione aos vosos fillos e fillas un pícnic para que podan levar á excursión. Este pícnic está composto por un bocadillo, bebida e unha peza de froita. 

En caso de que prefirades enviarlles a comida da casa, podedes anular desde a aplicación Colechef a asistencia ao comedor dese día.

A medida que as titoras vos informen do día das excursións, podedes contactar coas monitoras de comedor para informarlles de si queredes ou non o pícnic, ou ben directamente no teléfono (+34) 626 768 793.

Moitas grazas.