Xornada de portas abertas do comedor escolar

03.09.2022

Prezadas familias:

Queredes saber onde comen os vosos fillos e fillas? Como son las instalacións? Queredes coñecer o funcionamento das quendas de comida? Queredes ver onde pasan ese tempo antes e despois das comidas? Que persoas os atenden? Onde os deixades no servizo de madrugadores

Unha das conclusións que sacamos da enquisa de satisfacción do servizo de comedor é que a maioría das familias non ten información suficiente para valorar o funcionamento do servizo. Por iso, dende a ANPA, en colaboración co colexio e coa empresa responsable, organizamos unha xornada de portas abertas dirixida a todas aquelas familias usuarias que queiran achegarse a coñecer ese espazo tan importante da xornada extraescolar dos seus fillos e fillas.

A xornada será este luns 5 de setembro de 16:30 a 18:00 horas e está pensada para que poidades acudir en familia, acompañados dos vosos nenos e nenas, para que podan coñecer ás persoas coas que van compartir ese tempo.

Está especialmente dirixida para as familias que empezan a súa andaina no centro, primeiros cursos de educación infantil, novas usuarias e aberta a calquera familia que xa fai uso do servizo ou que esté valorando facelo.

Agardámosvos!

Aproveitamos para lembrarvos que está aberto o prazo de renovación da condición de familias socias da ANPA para o vindeiro curso 2022-2023. Tedes toda a información na seguinte ligazón:

Moitas grazas.