Presentación da nova Xunta Directiva
Prezadas familias:
Como sabedes, na asamblea ordinaria do pasado 29 de abril, fíxose a renovación da Xunta Directiva da ANPA do noso centro, quedando constituida do seguinte xeito:
- Presidenta: Lucía Fernández
- Vicepresidente: Pedro Coladas
- Tesoureira: Carmen Naveira
- Secretaria: Nuria Bernárdez
- Vogais:
- Marcos Rego
- Carmen Morales
- Cecilia Regueira
- Antonio Rondán
- Davide Leira
- Tino Álvarez
- Anahí Campos
Somos un grupo de familias comprometidas coa educación e co firme convencemento de que a implicación de nais e pais é imprescindible para acadar melloras, non só na nosa escola, senón na comunidade educativa en xeral.
Asumimos este compromiso cheos de ilusión. Nestes primeiros meses temos moito que facer e aprender, e farémolo co convencemento de que a escola pública merece o esforzo de todas as persoas implicadas, alumnado, profesorado e, por suposto, familias.
Nós somos só a Xunta Directiva, pero a ANPA constrúese entre todos e todas. Asociarvos só implica pagar un cuota anual de 25 euros por familia. Cantas máis sexamos mellor será para o funcionamento da escola e máis beneficioso para as nosas fillas e fillos.
Estamos á vosa disposición, abertos ás vosas propostas e suxerencias. Podedes contactar connosco a través do formulario na seguinte ligazón:
a través do correo electrónico:
anparamondelasagra@gmail.com
ou por teléfono:
615 512 306
Animámosvos a seguirnos nas nosas recén estreadas redes sociais, onde iremos publicando novas e información de interese e, por suposto, como ata agora nesta páxina web.
Recibide un cordial saúdo.
ANPA Rasa.