Libros de texto curso 2022-23 

30.06.2022

Prezadas familias:

No día de hoxe foron publicadas as listaxes de libros de texto do noso colexio para o curso 2022/23. 

Queremos anunciarvos que a ANPA mercará e cederá en préstamo todos os libros de texto* que se ven modificados coa entrada en vigor da nova lei educativa, para todas as nenas e nenos de 3º e 5º de Educación Primaria que non obtiveran o fondo de libros da Xunta, que non o solicitaran ou que non lles cubran todas as materias. Os libros de 4º e 6º, nestes casos, serán aportados polo centro, pois non se modifican.

Este sistema de préstamo que poñemos en marcha en coordinación co colexio, pretende liberar ás familias que o desexen, con nenos e nenas matriculadas nos cursos indicados, da merca de libros de texto.

Para poder facer unha correcta provisión do material e asegurar que o colexio dispoña de todas as unidades necesarias para o comezo de curso, simplemente necesitamos que nos enviedes os vosos datos a través do formulario accesible na seguinte ligazón:

Podedes facelo a partir do vindeiro luns 4 de xullo, en canto o centro publique a lista definitiva de libros concedidos.

* Non se inclúen os caderniños

Moitas grazas.