Medrando en inglés: Let's go for round two!
Os máis pequenos e pequenas de Inglés Infantil estivemos traballando un conto: "The boy who cried wolf" e facendo manualidades e representacións relacionadas con el.
Tamén estivemos aprendendo vocabulario de Nadal a través de xogos e contos motores. Tanto co conto como co traballo do Nadal, cada neno e nena foi facendo un caderno pequeno cos correspondentes traballos de cada tematica.
Cos nenos e nenas de Inglés de 1º a 3º de Primaria aprendemos a dar direccións dentro da aula mediante unha procura do tesouro. Puxemos en práctica todo o aprendido, saíndo fóra a xogar e aprendendo vocabulario en inglés a través da elaboración e xogo con flashcards.