Ludiverso de Primaria: explora, aprende, medra. Onde comezan todas as viaxes!

22.12.2023

Como remate do primeiro trimestre en Ludiverso de Primaria, escollemos a temática cunha ruleta, segundo a categoría que quixemos tratar. Empezamos cun xogo de categorías, onde distintos nomes estaban agochados por distintas estancias do cole que había que buscar. Unha vez atopados, clasificámolos segundo a categoría á que pertencesen (flores cidades, razas de can e saúde). Este foi o xeito que tivemos de comezar, ao comprender que saúde non é tan só ir ao médico por estar enfermos.

Para tratar a educación postural, fixemos un circuíto con cargas onde aprender a collelas sen lesionarnos. Para as emocións decidimos facer un caderno das mesmas, onde con distintos materiais, puidese cada neno e nena reflexar o que eles e elas mesmas consideraban: felicidade, tristeza medo,...

En relaxación e descanso tratamos o ioga, tras comprender o importante que é o descanso para a saúde. Tamén aproveitamos para traballar a representación teatral, xogos de lóxica e, por suposto e como non podía ser doutro xeito, seguimos facendo xogos nos que os nenos e nenas seguen divertíndose e formando un grupo fantástico. Para desexarvos un Bo Nadal fixemos a nosa propia felicitación.