Reunión Consello Escolar
Benqueridas familias,
Poñémonos en comunicación con vos para informarvos do acontecido no Consello escolar celebrado na tarde de onte.
Queremos lembrar que o Consello escolar é a única canle oficial de comunicación na comunidade educativa, xa que é o único órgano onde se atopan representadas tódalas partes da comunidade con voz e voto independentes.
Neste consello tratouse, como punto principal, a situación actual sobre o Catálogo de postos vixente para este centro (sen cubrir praza de Educación Primaria) e as actuacións que se van a levar a cabo por parte da dirección do colexio.
Grazas a tódolos esforzos das familias, queixándose diariamente da falta de Mestres, e grazas a tódalas movilizacións que se levaron a cabo, conseguiuse a forza precisa para que o Xefe territorial de educación, Sr. Indalecio Cabana, e o Xefe territorial de inspección educativa, Sr. Ruben Ponte, se viran obrigados a dar explicacións a través dunha reunión urxente ca dirección do colexio. Nesa reunión puxéronse en claro tódalas posturas, e pedíronse as explicacións oportunas do motivo desta inexplicable situación.
Por desgraza, todo o que se puido constatar nesa reunión foi que o Xefe territorial de inspección non ten pensado contratar o mestre de primaria que consta no catálogo de postos, xa que entende que co aumento este ano de 1 mestre en PT (Pedagoxía Terapéutica) e de 1/2 mestre en AL (Audición e Linguaxe) están cubertas as necesidades do colexio. O que entenden é que como pasamos de 28 mestres, o curso pasado e anteriores, a 28 1/2 neste curso, pois que xa é suficiente.
A dirección e o claustro, como non pode ser doutro xeito, e na línea do que veñen traballando dende o comezo do curso, teñen claro que este plantexamento é ilegal, e así llo transmitiron tódalas fontes xurídicas consultadas, reiterando ademáis, que esta situación perxudica gravemente o bo funcionamento da vida escolar.
Como claramente indica a publicación no DOG, o colexio debe dispoñer de 11 mestres de primaria, e non 10 como temos a día de hoxe. E despois, a maiores, os mestres de AL e PT necesarios para atender os nosos nenos e nenas, e detectar novos casos de necesidades que vaian xurdindo. Temos claro que esta ampliación de PT e de AL é imprescindible e necesaria para o colexio dadas as nosas necesidades, pero nunca deberían sustituir o posto dun titor de primaria, senón que ámbalas dúas especialidades son necesarias para desenrolar a súa actividade de maneira eficaz.
Chegados a este punto, e dada a negativa da xefatura de inspección, procédese á aprobación no consello da solicitude ós sindicatos que reclamen a contratación deste mestre de primaria, mediante os procesos necesarios ata chegar o contencioso administrativo proposto pola dirección para solventar esta anómala situación nos xulgados.
Dende a Directiva da ANPA temos claro tamén o dereito indiscutible do mestre de primaria que nos falta, segundo indica o catálogo de postos de maneira expresa, xa que esta situación supón un claro perxuicio para os nosos nenos e nenas, polo que APOIAMOS TOTALMENTE AS MEDIDAS TOMADAS POLA DIRECCIÓN E O CLAUSTRO DO CENTRO, considerando que esta actuación é unha maneira valente e sen precedentes de defender os dereitos dos nenos, ademáis de facer unha defensa clara da educación pública, non sendo cómplices dos recortes na educación que pretenden levar a cabo dende a Conselleria.
Pola nosa parte só cómpre poñernos a disposición da dirección para formar parte deste proceso contencioso, e transmitir ás familias a nosa firme intención de chegar ó final desta situación xunto ca dirección e as familias, en prol dunha mellor educación pública para tódolos menos.
E por iso, poñerémonos en comunicación cos servicios xurídicos da Federación Provincial de Anpas, ca intención de que nos informen da maneira e das posibilidades de persoarnos nun proceso contencioso administrativo baseado na vulneración de dereitos fundamentais.
Deste proceso manterémosvos informados puntualmente de calquera novidade a través dos medios habituáis.
Rematamos a reunión quedando á espera de novidades que xurdan da reunión que terá lugar o mércores entre os sindicatos e a Xunta na mesa do ensino, onde se nos concretará con maior detalle as accións que se van a levar a cabo.
O CEIP Ramon de la Sagra e as súas familias seguen a ser un referente de loita pola educación pública, polo que nos sentimos orgullosos de pertencer a este colectivo tan implicado e activo.
Por último, queremos invitarvos a que por medio do noso formulario de consulta na web, plantexedes tódalas iniciativas que vos xurdan para seguir nesta loita. Lembrade que estamos á vosa disposición para todo o que precisedes.
ANPA RASA