Nova sección de documentación
Prezadas familias,
Queremos anunciarvos, tal e como vos adiantamos na última asemblea, que implementamos unha nova sección na nosa web para facilitar o acceso á documentación relevante da ANPA. Agora podedes consultar as actas das asembleas, os balances de contas e facturación, as memorias de actividades e calquera outra documentación de interese con tan só dous clicks.
Esta iniciativa fortalece a nosa transparencia e fomenta a participación activa de todas as familias. Podedes atopar a nova sección de xeito permanente no menú principal, no apartado ANPA, e podedes visitala na seguinte ligazón:
Tamén queremos lembrarvos que podedes solicitar a revisión persoal de calquera documento, factura ou concepto dos publicados, para ampliar a información ou aclarar dúbidas. Están a disposición de todas as familias socias.
Aproveitamos a ocasión para compartir con todas as familias, o video coa intervención do Concelleiro de Educación e de Fermín Blanco, da presentación do proxecto de edificación do novo comedor escolar comprometido para o noso centro.
Moitas grazas por ser parte desta comunidade e polo voso compromiso.