O valor das familias socias
Prezadas familias:
Esta nova pretende poñer en valor a vosa figura, a das familias socias. A ANPA constrúese día a día, coa vosa participación, coa vosa implicación, coas vosas ideas e aportacións, coa vosa colaboración. Unha ANPA implicada empeza no apoio da maioría das familias ao proxecto común de poñer no centro aos nenos e nenas.
A vosa aportación económica, de tan só 25 € ao ano por familia, é moito máis ca iso, xa que aporta estabilidade e garante que moitos proxectos podan levarse a cabo ao longo do ano. Grazas a elas podemos, por exemplo, facer a merca de libros de texto, organizar a festa de fin de curso ou repoñer material lúdico e deportivo. Sendo máis, sempre seremos máis fortes.
Este ano, ademáis, queremos reforzar a identidade das familias socias e próximamente recibiredes o voso carné de familia socia no enderezo electrónico que nos indicastes. O carné será enviado a todas as familias que nos achegaron os seus datos no formulario de inscrición e formalizaron o pago da cuota anual. Este carné renovarase anualmente e poderedes levalo no voso dispositivo móbil.
Servirá para que vos poidades identificar como familia socia da ANPA e, ademáis do beneficio que aportades como familias implicadas na educación e benestar dos vosos fillos e fillas, temos intención de que sexa unha ferramenta para acceder a máis vantaxes, a través da colaboración con diferentes entidades. Iremos publicando novidades durante o curso.
Lembrarvos que, se aínda non o fixestes, na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos:
Moitas grazas.