Aviso familias: Xuntanza Actividades Extraescolares 2023-2024 e formación en mediación

10.09.2023

Prezadas familias:

Tal e como vos adiantamos, mañá luns 11 de setembro de 16:30 a 18:30 horas terá lugar na biblioteca do centro unha xuntanza aberta a todas as familias para explicar o proxecto deseñado en torno ás actividades extraescolares para este curso.

Na xuntanza, contaremos cos técnicos responsables das diferentes entidades (Federación de ANPAs, Sonicreques e PlayCode) que explicarán o proxecto pedagóxico das actividades extraescolares e aclararemos calquera dúbida que teñades.

Para que poidades acudir e conciliar, contaremos cun servizo de educadores e animadoras que estarán dinamizando e acompañando aos nenos e nenas.

O período de inscrición para as actividades que aparecen no cadro proposto será do 11 ao 17 de setembro. Tedes toda a información na seguinte ligazón: 

Nesta xuntanza contaremos tamén cos técnicos de CIMEGA, que nos explicarán como as técnicas de mediación aplicadas no ámbito escolar son unha ferramenta tanto de prevención de conflitos como de xestión de conflitos existentes. Explicarán o contido desta formación que está dirixida ás familias, ten un carácter contínuo durante o curso e pola súa alta importancia e porque pode acreditarse oficialmente, as prazas serán limitadas en número de participantes. Non desaproveitedes esta oportunidade.

O período de inscrición para a formación en mediación será do 11 ao 26 de setembro. Tedes toda a información na seguinte ligazón


Por último, lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2023-2024:

Moitas grazas e contamos coa vosa presenza.