XVIII Feira Matemática

19.03.2025

Prezadas familias:

Este ano a XVIII Feira Matemática celébrase o sábado 22 de marzo, no Hall de Proa de PALEXCO, desde as 11 ata as 20 h.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ao profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral.

O propósito co que se idea este evento é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático, coa vontade de:

  • Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos
  • Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
  • Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.

Cada ano, a feira e as actividades viran ao redor dunha temática concreta. O lema deste ano é A Maxia das Matemáticas.

A Federación de ANPAs disporá dunha caseta para este fin, atendidos por educadores e educadoras dos seus programas, mostrando moitas das actividades lóxico matemáticas que tan ben se plantexan na nosa actividade Extraescolar de Ludiverso.

Máis información e programa nas seguintes ligazóns:

Animamos ás familias a pasar unha xornada gozando das matemáticas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo.

Un saúdo.