Vai de datas!
Para ter a información xunta e facilitar a lectura, agrupamos nesta nova as datas importantes con eventos que terán lugar estos días e os prazos que inician ou rematan esta semana:
Para ter a información xunta e facilitar a lectura, agrupamos nesta nova as datas importantes con eventos que terán lugar estos días e os prazos que inician ou rematan esta semana:
Xa sabemos que as familias do Ramón, cando se trata de votacións, dámolo todo. Compartimos, difundimos e chegamos a todos os recantos posibles para gañar votos. Para o noso cole!
Este ano a XVIII Feira Matemática celébrase o sábado 22 de marzo, no Hall de Proa de PALEXCO, desde as 11 ata as 20 h.
No día de onte, 17 de marzo de 2025, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2025-2026.
A ANPA ven de recibir a axuda pola xestión dos servizos de comedor, correspondente ao curso anterior 2023-2024, por unha contía total de 12.226,83 €. Dende a ANPA, poñemos en marcha o reparto desta axuda entre todos os alumnos e alumnas que fixeron uso do servizo durante o curso pasado (agás aqueles que xa contan coa concesión...
🌤️ Confirmado polos modelos meteorolóxicos que a chuvia pasou, e dará paso a uns días de nubes e claros, nos que predominará o sol e con case nulas probabilidades de chuvia, confirmamos a data da festa de Entroido para este vernes 28 de febreiro.
Dende a ANPA facemos todo o posible para que estedes informadas de todo o que acontece no noso colexio: publicacións, novas, prazos, actividades, comedor, formacións, xornadas, asembleas, etc. É por iso que temos numerosas canles de comunicación. Nesta nova, facémosvos un resumo de todas elas.
🎊 Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa a festexar un dos eventos máis agardadados do ano: O Entroido!
Lembrade que está aberto o prazo de inscrición no Circuito de Carreiras Populares Coruña Corre. O calendario desta edición 2025 é o seguinte:
🎉 No CEIP Ramón de la Sagra, gústanos destacar polo noso sentimento de comunidade. Xa sexa aprendendo, celebrando ou participando en actividades como o circuíto Coruña Corre, demostramos que cando traballamos xuntos, como un gran equipo, podemos conseguir cousas marabillosas. Por terceiro ano consecutivo, o noso colexio acadou o primeiro premio na...
Como ben sabedes, Coruña Corre é o circuíto de carreiras populares organizado polo Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña. Son moitas as familias do noso centro as que, de xeito espontáneo, se inscriben no circuíto e representan ao CEIP Ramón de la Sagra á vez que participan neste evento deportivo. Por iso, por terceiro ano consecutivo...
🎊 Feliz Aninovo! Agardamos que esteades gozando destas datas máxicas xunto ás vosas pequenas e pequenos. Comezamos este 2025 cunha chea de ilusión e que mellor maneira de facelo que, por segundo ano consecutivo, coa saída da Cabalgata dos Reis Magos dende o noso barrio!
Co ano chegando ao seu fin, dende a ANPA queremos expresar a nosa ledicia por formar parte dunha comunidade educativa activa e comprometida na nosa escola.
🎉 Chega un dos momentos máis agardados do curso! O próximo venres 20, a partir das 17:00 h., o noso colexio encherase de alegría, sabor e creatividade coa Chocolatada e Feira de Artesanía organizada polo alumnado de sexto de Primaria.
Dende a ANPA, queremos comunicarvos con moita ilusión a posta en marcha dun novo espazo de atención presencial para todas as familias. Con esta iniciativa, pretendemos achegarnos un pouco máis a vós, co desexo de escoitar as vosas inquietudes, recibir as vosas suxestións e apoiarvos en todo o que estea na nosa man para mellorar a experiencia...
Agardamos que poiderades desfrutar destes días de descanso e que, en familia e cos vosos nenos e nenas, gozásedes das celebracións de Samaín durante este merecido parón.
Con moita ilusión iniciamos esta semana, na que darán comezo as actividades extraescolares o martes 1 de outubro. Temos a seguridade de que serán un punto de relación, aprendizaxe e diversión para todas as nenas e nenos do noso cole. Este ano tamén participarán as nenas e nenos do CEIP María Pita.
Desde a Concellería de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña, animan a todas as alumnas e alumnos do centro para participar na próxima edición da xa clásica carreira popular Coruña10, que terá lugar o vindeiro domingo día 6 de outubro.
Trasladamos nesta nova a información da Concellería de Deportes do Concello da Coruña, sobre o inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.
Como parte dunha comunidade educativa que sempre afronta con éxito todos os retos, necesitamos un último empurrón para pechar as actividades do cadro oficial proposto. Estades a tempo de apuntarvos nas seguintes actividades, que quedaron a pouco de acadar o número mínimo de inscricións:
Como sabedes, hoxe tivo lugar a xuntanza informativa sobre as actividades extraescolares públicas e privadas que se ofertan para este curso 2024-2025. Agardamos que as familias que puidestes asistir atopásedes resposta a todas as vosas dúbidas e inquedanzas. Esta nova ten como finalidade servir de resumo para as familias asistentes e de información...
📢 Informamos de que a xuntanza de Actividades Extraescolares, inicialmente prevista para o luns 16 de setembro, adiántase para este xoves 12 de setembro, no mesmo horario, ás 16:00 h.🔄
En poucos días dará comezo o novo curso escolar, un tempo que agardamos con ilusión, cheo de oportunidades para que os nosos nenos e nenas sigan medrando e aprendendo. Confiamos en que desfrutarades dun verán inesquecible, compartindo momentos únicos cos vosos familiares e amigos.
Case sen darnos conta, que axiña chegou setembro! Agardamos que todas poiderades desfrutar das vacacións de verán. Falta xa pouquiño para iniciar un novo curso, que afrontaremos con ilusión e entusiasmo. Tal e como vos adiantamos, para facilitarvos o comezo do curso 2024-2025 do próximo 11 de setembro traemos nesta nova toda a información destacada...
Cando xa estamos ás portas do inicio deste novo curso escolar 2024-2025, dende todo o equipo da ANPA agardamos que esteades gozando do remate das vacacións e compartimos toda a nosa ilusión e enerxía coas familias, para que este novo curso teña un inicio moi especial, no que o discorrer das obras do patio nos dará a...
🪪 Xa está habilitada a alta ou renovación de familias socias da ANPA para o curso 2024-2025.
O periodo de alta ou renovación dos servizos de comedor, madrugadores, cambiadores e conciliación comedor xa está aberto para o curso 2024-2025. Estas xestións debem facerse directamente con Arume, a través da aplicación Colechef.
Xa tedes á vosa disposición o formulario para reservar os libros de texto do banco de préstamo da ANPA.
Moitas grazas a todas as familias que participastes este ano nalgunha das actividades extraescolares, pola vosa implicación e participación enviando cuberta a enquisa de valoración das mesmas. Grazas a este traballo en equipo podemos seguir mellorando as actividades extraescolares.
Temos o pracer de convidarvos á festa de fin de curso: