Novas

En resposta á solicitude dunha familia con relación á implantación de sistemas de purificación de aire nas nosas clases, e despois de todas as noticias que apareceron na prensa nos últimos días, contactamos con diferentes provedores e buscamos información técnica ao respecto, e resumímosvos a continuación varios aspectos a ter en conta:

Queremos comunicarvos que, trala petición que fixemos, fomos recibidos polo Sr. Indalecio Cabana, xefe territorial de educación, xunto coa directora do centro, para tratar a petición do patio cuberto, ou algunha alternativa que solucione esta necesidade de espazos cubertos que temos no noso centro.

Queremos informarvos que, debido á pouca demanda, só sairán as actividades de infantil de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:00 h.

Para todas aquelas familias usuarias do servizo de madrugadores, queremos lembrar que soamente poderá entrar un adulto por cada neno ou nena acompañandoo ata a porta do comedor.

O día 22 de setembro mantivemos unha reunión co Conselleiro de Educación, o Sr. Jesús Javier Celemín Santos, e dous dos seus membros de equipo, para trasladarlle diversas peticións do colexio e d@s nos@s soci@s.

Trala reunión mantida o 22/8/2020 co Concelleiro de Educación, o Sr. Jesús Javier Celemín Santos, comunicóusevos que no caso de inscribirse nas actividades da CONFAPA, non firmarades a clausula COVID-19, por non axustarse a dereito.

Dende a ANPA queremos suscribir a mensaxe de tranquilidade emitida dende o centro.
A ANPA ven traballando conxuntamente coa dirección do centro, no referente a posibles contaxios e contaxios confirmados, priorizando, como non podía ser doutro xeito, a información e pasos a seguir primeiro ás familias afectadas. Existindo, por tanto, moi boa...

Comprácenos comunicarvos que, por fin, xa temos dispoñible no noso centro o servizo Take Away. O devandito servizo ofrece a posibilidade de levar para xantar na casa o menú completo (2 platos, auga, peza de froita e pan).

O colexio ven de publicar na súa páxina web o plan de adaptación á situación da COVID-19 para o curso 2020-2021, segundo as instruccións das Consellerías de Sanidade e Educación, así como tamén o plan de continxencia de aplicación no caso dun posible gromo.

Na web do centro indícanse as datas do inicio escalonado das clases, así como tamén como deberán facerse as entradas e saidas do colexio.

Con data de comezo 1 de outubro de 2020 ofertarase, tamén como en anos anteriores, o espazo de conciliación de 14:00 a 15:00 h. O prezo está por decidir, xa que se verá afectado en función do número de nenos apuntados, e do cumprimento do protocolo COVID-19, polo que é posible que sexa necesario contratar outro monitor co fin...

Todos os membros da directiva da ANPA RASA esperamos e desexamos que vos atopedes ben de saúde, e que dentro desta "nova normalidade", pasásedes unhas boas vacacions. Xa estamos en setembro, e despois deste verán atípico e complicado, sabemos que a incerteza é grande para tódalas familias nesta estraña volta ao cole.

Queremos compartir con vos a opinión da Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos con respecto á publicación do borrador do protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021.

Na seguinte ligazón publicamos o borrador do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021:

A diferenza dos anos anteriores, para o curso 2020-2021, o banco solidario de libros de texto faino íntegramente o centro, non a ANPA, xa que hai dous cursos ( 3º e 5º de EP) que renovan totalmente os libros de texto.

Bolsas comedor

28.03.2020

A Xunta xa ingresou na conta da ANPA o importe da subvención de comedor correspondente ao curso 2018-2019. A lista dos beneficiarios e os importes individuais están publicados no taboleiro da ANPA. Lembrade que soamente teñen dereito a subvención os alumnos que asistiron a comedor o curso pasado.