Extraescolares 24-25: Resultados provisionais inscricións e solicitudes das novas propostas
Resultado Provisional Actividades Públicas Federación (inscricións pechadas)
O seguinte cadro recolle o estado final provisional das inscricións, pendente da revisión por parte da Federación:
Se ainda tedes interese en sumarvos a algún grupo, podedes enviar un correo a Federación de ANPAs para engadirvos á lista de espera, ao mail:
actividades@fedapascoruna.org
Novas propostas suxeridas
Na seguinte listaxe recóllense as propostas que recibimos para sacar outra actividade de 1º a 3º de Primaria, en horario de 16 a 17 horas:
- Prepatinaxe II (L-Me): 5 propostas
- Predeporte (L-Me): 5 propostas
- Calquera opción das dúas anteriores (L-Me): 2 propostas
- Prexadrez (L-V): 1 proposta
Polo tanto, as opcións propostas poderían ter demanda para formar un novo grupo, e para propoñelo habilitamos o seguinte formulario:
Formulario para seleccionar opción para un grupo de 1-3EP, de 16 a 17, Luns e Mércores ⬇️
Habilitamos o seguinte formulario para que poidades inscribirvos na opción que mellor vos conveña, das dúas que teñen opcións de sair adiante (Predeporte e Prepatinaxe II). De acadarse o mínimo de inscricións nalgunha delas, trasladaríamos a información á Federación de ANPAs e ao centro, para analizar a posibilidade* de que a actividade poda levarse a cabo, algo sempre condicionado á disponibilidade de espazos. Tedes que incribirvos todas as familias que o desexedes (independentemente de ter enviado antes a proposta):
O seguinte cadro recolle o estado final das solicitudes nas novas propostas (prazo pechado)
(*) De acadarse o mínimo de solicitudes nas novas propostas, trasladaremos á dirección do colexio o interese das familias por levar a cabo a actividade, analizaremos a capacidade do centro en canto a espazos disponibles, solapamento con outras actividades, etc. De ser viable, levarase ao Consello Escolar e traballaremos con Federación para poder organizar e sacar adiante a actividade.
Sonicreques
Saen adiante todos os grupos propostos, tanto de infantil com de primaria. Todos os grupos acadaron o número máximo de inscricións e xa están pechados, agás o grupo de infantil dos venres, no que queda unha praza.
Robótica
Últimas prazas para o grupo de primaria, martes de 16 a 17 horas. Podedes aínda inscribirvos na ligazón: