NEW NEW Actividades extraescolares 2024-2025
O seguinte cadro recolle a proposta de actividades extraescolares para o curso 2024-2025, deseñada segundo as enquisas de valoración do curso pasado e de propostas das familias, en horario de 16 a 18 horas, de luns a venres.
A inscrición das actividades públicas (ofertadas e xestionadas pola Federación de ANPAs) está aberta ata cubrir o cupo máximo de alumnos e alumnas por grupo, na seguinte ligazón:
Cadro proposto de actividades 2024-25
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
---|---|---|---|---|---|
16 A 17 |
LUDIVERSO, todos os grupos (4º-6º de Infantil, 1º-3º de Primaria e 4º-6º de Primaria) | ||||
SONICREQUES 4º 5º e 6º Infantil |
ENGLISH LAB 4º 5º e 6º Infantil |
ENGLISH LAB 4º 5º e 6º Infantil |
SONICREQUES 4º 5º e 6º Infantil |
||
ROBÓTICA (segundo inscricións) | |||||
17 A 18 |
LUDIVERSO, todos os grupos (4º-6º de Infantil, 1º-3º de Primaria e 4º-6º de Primaria) | ||||
SONICREQUES Primaria |
PREPATINAXE I 5º e 6º Infantil |
ENGLISH LAB 4º 5º e 6º Primaria |
PREPATINAXE I 5º e 6º Infantil |
SONICREQUES Primaria |
|
PREDEPORTE 1º 2º e 3º Primaria |
PREPATINAXE II 1º 2º e 3º Primaria |
PREDEPORTE 1º 2º e 3º Primaria |
PREPATINAXE II 1º 2º e 3º Primaria |
ENGLISH LAB 4º 5º e 6º Primaria |
|
MULTIDEPORTE 4º 5º e 6º Primaria |
ENGLISH LAB 1º 2º e 3º Primaria |
MULTIDEPORTE 4º 5º e 6º Primaria |
ENGLISH LAB 1º 2º e 3º Primaria |
||
PREXADREZ 1º 2º e 3º Primaria |
PREXADREZ 1º 2º e 3º Primaria |
||||
XADREZ 4º 5º e 6º Primaria |
XADREZ 4º 5º e 6º Primaria |
||||
ROBÓTICA (segundo inscricións) |
* A actividade de Natación ofertarase para o noso centro os martes de 16:45 a 17:30 horas. A información completa sobre este programa está accesible na seguinte ligazón: Campaña de natación escolar 2023-2024
** O grupo da actividade de Xadrez está condicionado a que se acaden o mínimo de inscricións en xaneiro de 2024, por grupo de idade.
Organización actividades (pendente de actualización)
O seguinte cadro recolle a información sobre a organización das actividades extraescolares do curso 2023-2024:
ACTIVIDADE | EDUCADOR/A RESPONSABLE | PUNTO DE RECOLLIDA E ENTREGA ÁS FAMILIAS |
---|---|---|
LUDIVERSO Infantil De Luns a Venres de 16:00 a 17:00 |
Belén | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. |
LUDIVERSO 1º a 3º Primaria De Luns a Venres de 16:00 a 17:00 |
Judith | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. |
LUDIVERSO 4º a 6º Primaria De Luns a Venres de 16:00 a 17:00 |
Pablo | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos ao educador responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. |
INGLÉS Infantil Martes e Xoves de 16:00 a 17:00 |
Andrea | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. |
INGLÉS 1º a 3º Primaria Martes e Xoves de 17:00 a 18:00 |
Andrea | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán acompañados polos edudadores responsables. |
INGLÉS 4º a 6º Primaria Mércores e Venres de 17:00 a 18:00 |
Salma | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán acompañados polos edudadores responsables. |
XOGOS MOTORES Infantil Luns e Mércores de 16:00 a 17:00 |
Helena | Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor agardan no patio cuberto acompañados do equipo educativo do comedor. |
XOGOS RÍTMICOS Infantil Luns e Mércores de 17:00 a 18:00 |
Belén | Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. As nenas e nenos que veñen da actividade de 16 a 17 serán acompañados polos educadores responsables no patio cuberto. |
PREDEPORTE 1º a 3º Primaria Martes e Xoves de 16:00 a 17:00 |
Gabriel | Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor agardan no patio cuberto acompañados do equipo educativo do comedor. |
ROBÓTICA 6º Infantil e 1º Primaria Martes de 17:00 a 18:00 |
Sandra | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán acompañados polos edudadores responsables no hall de entrada. |
ROBÓTICA 2º a 6º Primaria Mércores de 17:00 a 18:00 |
Sandra | Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán acompañados polos edudadores responsables no hall de entrada. |
NATACIÓN 2º 3º e 4º Primaria Martes de 16:15 a 17:55 |
Concellería de Deportes | Parada do Bus en R/Camilo José Cela fronte ao colexio. As familias achegan e recollen as nenas e nenos. O bus pasa ás 16:15 e regresa ao mesmo punto ás 17:55. Tendo en conta este horario, as familias acceden á parada por fóra do cole. |
SONICREQUES Infantil Luns ou Venres de 16:00 a 17:00 Primaria Luns ou Venres de 17:00 a 18:00 |
Cristóbal | Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto, ao que accederemos pola porta pequena principal. As familias agardan na entrada de Infantil a que o educador responsable desta actividade recolla ás nenas e nenos. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor.Os nenos e nenas de Primaria que veñen doutra actividade de 16 a 17, serán acompañados polos educadores responsables na hall de entrada. |
LUDIVERSO
Baixo a denominación Ludiverso desenvólvese un programa multidisciplinar de actividades centradas no "traballo por proxectos". Forma parte do programa educativo da Federación de ANPAs.
Inicialmente foi pensada como unha actividade para aquelas nenas e nenos que, por necesidades de conciliación da súa familia, permanezan na escola ata as 17 ou ata as 18 horas. Finalmente, para o curso 2023-2024 só foi solicitada polas familias en horario de 16 a 17 horas
A actividade contará cun equipo estable de educadoras e educadores na que, en diferentes grupos de idade, mesturan unha actividade lúdica e variada, compartida cun grupo de referencia de iguais.
En Ludiverso mestúranse actividades culturais e artísticas, así como deportivas, xogos e novas tecnoloxías. Unha aventura dinámica na que estes contidos xiran en torno a unha temática ou centro de interese que mudará cada trimestre, sendo en todos os casos unha experiencia persoal e social moi enriquecedora para os nenos e nenas.
A METODOLOXÍA empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sentan a gusto na actividade. Unha metodoloxía que desenvolva aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal. As nenas e nenos convírtense en protagonistas xerando a súa propia aprendizaxe a través da indagación e experimentación.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.
Está DIRIXIDA a escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tres tramos de idade:
- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
- 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria
- 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria
A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.
A INSCRICIÓN nesta actividade farase para os cinco días da semana, para todos os grupos, con horario só de 16 a 17 horas. A inscrición nesta actividade é compatible coa inscrición na actividade de inglés, xa que o programa Ludiverso non inclúe o traballo de idiomas.
Pode facerse polos seguintes medios:
📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org
📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)
COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas ao longo do curso, nos seguintes períodos:
- Período outubro-decembro
- Período xaneiro-marzo
- Período abril-xuño
A cota é de 63 €/trimestre na modalidade de participación de luns a venres de 16 a 17 horas.
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (31,50 €/trimestre).
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.
As cotas inclúen saídas culturais a espazos ou entidades da cidade ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.
SONICREQUES
Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os nenos e nenas desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as súas capacidades e gustos musicais.
Impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:
- INFANTIL: Luns ou Venres de 16h a 17h.
- PRIMARIA (flexible): Luns ou Venres de 17h a 18h.
INSCRICIÓN: todos os grupos teñen pechadas a inscrición por acadar o máximo de participantes, agás o de Primaria dos venres.
PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.
PREZOS: O custo da actividade é de 15€/mes por alumno ou alumna.
A INSCRICIÓN poderá realizarse segundo as instruccións publicadas na propia web de Sonicreques, na seguinte ligazón (só para o grupo de Primaria dos venres no que quedan prazas):
Consiste en cubrir un formulario e envialo por correo electrónico a sonicreques@gmail.com
XOGOS MOTORES INFANTIL
Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil os luns e mércores de 16h a 17h.
É unha actividade con propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo, orientadas a desenvolver as capacidades motrices, con especial incidencia nos elementos fundamentais das perceptivo e as socio-motrices xenéricas.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.
A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos para formar grupo. A partir de 20, desdobrarase o grupo.
A INSCRICIÓN pode facerse ata a acadar o máximo de prazas, polos seguintes medios:
📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org
📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)
COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 21 €/trimestre ao longo do curso, nos seguintes períodos:
- Período outubro-decembro
- Período xaneiro-marzo
- Período abril-xuño
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (10,50 €/trimestre).
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.
PREDEPORTE
Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os martes e xoves de 16 a 17h.
É unha actividade con propostas baseadas no predeporte, como unha evolución natural dos xogos motores e outras propostas que se sitúan a cabalo do xogo e o deporte.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.
A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos para formar grupo.
A INSCRICIÓN pode facerse ata a acadar o máximo de prazas, polos seguintes medios:
📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org
📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)
COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 21 €/trimestre ao longo do curso, nos seguintes períodos:
- Período outubro-decembro
- Período xaneiro-marzo
- Período abril-xuño
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (10,50 €/trimestre).
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.
INGLÉS
Esta actividade de idioma forma parte do programa de Idiomas no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais tanto para os grupos de Educación Infantil como de Educación Primaria.
É unha proposta que procura un achegamento á lingua inglesa desde unha parte máis lúdica, co obxectivo de adquirir comprensión e fluidez na comunicación oral, adaptándose ás características das diferentes etapas educativas. A metodoloxía das actividades desde programa defínese por tres características: actividade complementaria, contorna lúdica e participación activa do alumnado.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.
Impártese nas seguintes modalidades:
- INFANTIL: Martes e Xoves de 16h a 17h.
- 1º, 2º e 3º de PRIMARIA: Martes e Xoves de 17h a 18h.
- 4º, 5º e 6º de PRIMARIA: Mércores e Venres de 17h a 18h.
A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.
A INSCRICIÓN pode facerse ata a acadar o máximo de prazas, polos seguintes medios:
📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org
📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)
COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 45 €/trimestre ao longo do curso, nos seguintes períodos:
- Período outubro-decembro
- Período xaneiro-marzo
- Período abril-xuño
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (22,50 €/trimestre).
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.
XADREZ
Esta actividade forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de Educación Primaria, os luns e venres de 17 a 18 h.
É unha proposta educativa que procura un achegamento lúdico ao mundo do xadrez segundo diferentes idades e niveis de habilitade. Ten un enfoque que inicia na aprendizaxe a través de xogos de taboleiro e que se concreta no xogo do xadrez, como unha ferramenta educativa divertida, capaz de estimular o pensamento crítico e estratéxico e a mellora das habilitades matemáticas e de lóxica.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 5 de febreiro de 2024 ao 21 de xuño de 2024, no caso de formarse grupo co mínimo de inscricións.
A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos para formar grupo.
A INSCRICIÓN pode facerse, partir do 22 de xaneiro de 2024, ata a acadar o máximo de prazas, polos seguintes medios:
📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org
📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)
COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 21 €/trimestre ao longo do curso, nos seguintes períodos:
- Período outubro-decembro
- Período xaneiro-marzo
- Período abril-xuño
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (10,50 €/trimestre).
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.
ROBÓTICA
É unha actividade que ten como obxectivos acercar e demostrar as posibilidades das disciplinas STEAM, a resolución de retos e a execución de proxectos para o alumnado, con diferentes niveis adecuados á idade e coñecementos de cada grupo.
Emprega unha metodoloxía activa na que o alumnado ten o papel protagonista de xeito que sexan os principais tomadores de decisións, con clases completamente prácticas que se fundamentan no xogo para garantir a interiorización dos contidos e o éxito do proceso formativo.
Os contidos que se traballarán son o acercamento á robótica e a programación, a tecnoloxía e o deseño e impresión 3D, con propostas que variarán semanalmente.
Impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:
- 6º de INFANTIL e 1º de PRIMARIA: Martes de 17h a 18h.
- 2º a 6º de PRIMARIA: Mércores de 17h a 18h.
Para o curso 2023-2024 non se acadou o mínimo de inscricións no grupo dos martes e iniciou a actividade só co grupo dos mércores, unificando todas as etapas de Educación Primaria.
A actividade estará impartida pola empresa local EnxeñoLabs by Dismedia. É preciso un mínimo de 8 inscricións en cada grupo para que a actividade poida iniciarse.
PERIODO DE INSCRICIÓN: aberta nos dous grupos ata completar o máximo de inscricións.
PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 4 de decembro de 2023 ata final do curso escolar.
PREZOS: O custo da actividade é de 25€/mes por alumno ou alumna.
A INSCRICIÓN poderá realizarse mediante o formulario que atoparedes na seguinte ligazón:
Máis información na súa web: https://enxenolabs.gal/