Información de inicio Actividades Extraescolares 2023-2024

21.09.2023

Prezadas familias:

Unha vez rematado o período de inscrición nas Actividades Extraescolares, queremos informarvos das que se levarán a cabo segundo o resultado das mesmas. Lede con atención ata o final desta nova para non perder detalle:

  • Haberá grupos de todas as actividades ofertadas, agás Baile Moderno, Multideporte e Robótica dos xoves, xa que non cubriron o mínimo de inscricións para levarse a cabo. Sentímolo moito por aquelas nenas e nenos aos que non lles saiu a actividade que escolleran 😿.
  • Para todos os grupos de Ludiverso, só sairá no horario de 16:00 a 17:00 h.

Ademais, tede en conta o seguinte:

  • Actividades dos programas da Federación de ANPAs: as familias inscritas en actividades que non saíron, poden inscribirse noutra actividade enviando un email a inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org con data límite o domingo 24 incluído, indicando o grupo no que non acadaron praza e o novo grupo no que se queren inscribir. A adxudicación das prazas vacantes será por orde de chegada do email. Ainda hai prazas en case todas as actividades, agás en Inglés de Infantil.
  • Actividades de Robótica e Sonicreques: as empresas contactarán coas familias inscritas. Quedan prazas libres en Robótica nos grupos do martes e mércores. Para os inscritos no grupo que non saiu do xoves, a empresa ofrecerá a posibilidade de mudarse ao grupo dos mércores (unificando nel os grupos de primaria de 2º a 6º) ata completar o máximo. En Sonicreques só quedan prazas libres no grupo de Primaria dos venres de 17 a 18 h.
  • Programa de Natación Escolar: O prazo de inscrición está aberto ata o venres 22 de setembro. Informaremos en canto teñamos grupo confirmado. Máis información: Campaña de natación escolar 2023-2024
  • Formación en Mediación dirixida a familias (CIMEGA): O prazo de inscrición segue aberto ata o 26 de setembro. Quedan poucas prazas! Máis información e inscrición na sección Mediación
  • Familias que non puideron cubrir a necesidade de conciliación en horario de 17 a 18 horas: neste caso, dende a ANPA ofrécese a posibilidade de contratar unha educadora ou educador mediante a Federación de ANPAs nesa franxa horaria, asumindo as familias o custo da actividade, para o tramo de idade dende 4º EI a 6º EP. As familias interesadas, enviádenos un mail o antes posible, co asunto CONCILIATARDE, indicando os datos do neno ou nena, curso e días que precisariades o servizo.

Agardamos que deste xeito cubrades todas as vosas necesidades de conciliación. Lembramos que as actividades inician o día 2 de outubro. Dende ese día e durante todo o curso pode haber novas inscricións se hai prazas. 

Próximamente actualizaremos na web o cadro definitivo de actividades e publicaremos o nome das educadoras e educadores responsables de cada unha, así como o espazo no que terá lugar e puntos de entrega e recollida.


Todo esta organización só é posible grazas á vosa colaboración. Lembrarvos que, se ainda non o fixestes, na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder contribuir a formar unha comunidade educativa máis forte e unida, con capacidade para poder sacar adiante máis actividades e proxectos neste curso escolar 2023-2024:

Moitas grazas.