Inscricións abertas das Actividades Extraescolares 2023-2024 e formación en mediación
Prezadas familias:
Tal e como vos vimos informando na nosa web, nas redes sociais e na Xuntanza de Presentación de Actividades que tivo lugar onte, lembrade que están abertos os prazos para as inscricións nas diferentes Actividades Extraescolares para este curso e na Formación en Mediación dirixida ás familias.
Podedes consultar toda a información nas seguintes ligazóns:
É moi importante destacar que non se admitirán inscricións fóra de prazo. De non acadarse o mínimo de inscricións establecidas para a formación dos grupos no prazo indicado, a actividade non poderá levarse a cabo.
- Actividades dos programas educativos da Federación de ANPAs: do 11 ao 17 de setembro, na seguinte ligazón: https://www.fedapascoruna.org/inscripciones/
- Sonicreques: do 11 ao 17 de setembro (e aberta ata completar máximo de prazas), na seguinte ligazón: bit.ly/sonicreques-23-24
- Playcode (Robótica): do 11 ao 17 de setembro, na seguinte ligazón: bit.ly/playcode-23-24
- Programa de natación escolar (Concellería de Deporte): do 11 ao 22 de setembro, nas oficinas do C.D.M. de San Diego (só para alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria). Máis información: Campaña de natación escolar 2023-2024
- CIMEGA (Formación en mediación dirixida a familias): do 11 ao 26 de setembro, na seguinte ligazón: bit.ly/inscricion-mediacion. As prazas serán limitadas. Máis información: Mediación
No caso de ter interese noutras actividades, podedes achegarnos ao mail da ANPA as vosas preferencias de temática e horarios e, de poder formarse grupo, poñeriamonos en contacto con vós.
Por último, lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2023-2024:
Moitas grazas pola vosa colaboración.