Novas

dende a Federación de ANPAs e Sonicreques xa están confirmando ás persoas inscritas as actividades que se iniciarán o luns 3 de outubro. O cadro definitivo das actividades coas que se forman os grupos é o seguinte:

Queremos lembrarvos que debedes realizar a inscrición nas actividades extraescolares antes do 18 de setembro. A preinscrición previa, onde nos achegastes as vosas preferencias e novas propostas, non serve para inscribirse na actividade. O único enlace válido para isto é o do Portal de Inscricións da Federación de ANPAs:

Tal e como vos adiantamos, este martes 13 de setembro de 16:30 a 18:00 horas terá lugar na biblioteca do centro unha xuntanza aberta a todas as familias para explicar o proxecto deseñado en torno ás actividades extraescolares para este curso.

Agardamos que disfrutarades do verán e das vacacións. Parecía que non ía chegar, pero hoxe xa acompañamos ás nosas nenas e nenos a un novo curso escolar.

Queredes saber onde comen os vosos fillos e fillas? Como son las instalacións? Queredes coñecer o funcionamento das quendas de comida? Queredes ver onde pasan ese tempo antes e despois das comidas? Que persoas os atenden? Onde os deixades no servizo de madrugadores?

Xa estamos cada día máis preto do inicio deste novo curso escolar. Dende todo o equipo da ANPA queremos compartir a nosa ilusión e enerxía con todas as familias. Seguro que entre todas e todos poderemos xerar espazos e actividades encamiñadas a fortalecer a nosa comunicade educativa e, polo tanto, enriquecer a aprendizaxe e experiencia das...

O periodo de alta ou renovación dos servizos de comedor e madrugadores está aberto. Esta xestión debe facerse directamente con Arume, a través da aplicación Colechef.

A poucos días de que remate o curso, queremos pedirvos a vosa opinión sobre un dos servizos xestionados dende a ANPA: comedor e madrugadores.

Como xa saberedes, durante esta semana implementáronse cambios no protocolo de comedor, encamiñados a acadar un maior benestar dos nosos nenos e nenas.

É tempo de recibir o verán e, como cada ano, é tempo das excursións de final de curso. En moitas desas excusións, o alumnado non está de volta ata pola tarde, polo que teñen que levar a comida para xantar.

O noso colexio ven de acadar un novo fito no proxecto Mestra de Obra, de humanización e adaptación do patio. A maqueta, na que as familias e mestras levabamos semanas traballando, ponse de longo por todo o alto o xoves 26 de maio ás 19:00 horas na igrexa do Barrio das Flores (Rúa das Petunias, 8) para a presentación do ...

No día de onte publicouse no DOG a convocatoria do fondo solidario de libros de texto (para alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria), das axudas para adquirir libros de texto (para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria) e para adquirir material escolar (alumnado matriculado en Primaria) para o curso escolar...

Estamos a traballar na confección dun catálogo de actividades extraescolares para o vindeiro curso que vos resulte interesante e atractivo.

Como sabedes, na asamblea ordinaria do pasado 29 de abril, fíxose a renovación da Xunta Directiva da ANPA do noso centro, quedando constituida do seguinte xeito:

Por medio da presente convócase a todos os socios e socias á asemblea xeral ordinaria para o vindeiro 29 de abril, ás 16:00 h en primeira convocatoria e ás 16:30 h en segunda convocatoria, na biblioteca do cole. Prégase o cumprimento das medidas contempladas no protocolo COVID vixente.

Queremos informarvos de que durante o mes de marzo, imos organizar no colexio, unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros e cueiros, para as familias de refuxiados ucraínos.

Logo da contestación negativa do xefe territorial de Inspección Educativa, onde deixa claro o seu menosprecio pola labor das anpas e das familias que representan, achegamosvos a contestación que lle remitimos. Aproveitamos esta ocasión para mandarllela tamén ó delegado da Xunta na Coruña, ó conselleiro de educación e ó presidente da Xunta, para que...

Poñémonos en comunicación con vos para informarvos do acontecido no Consello escolar celebrado na tarde de onte.

Estamos seguros de que a día de hoxe todalas familias coñecedes a difícil situación que estamos a vivir no noso colexio ca falta de profesorado, situación que por desgraza ainda non ten solución por parte das autoridades educativas da Xunta de Galicia.