Novas

Queremos facervos partícipes da anómala e gravísima situación que se está vivindo no noso colexio desde o comezo do curso.

Esperamos que teñades pasado un bo verán e veñades cas pilas cargadas! Dende a ANPA RASA queremos darvos a benvida a un novo curso escolar, que esperamos sexa máis fácil que o anterior. Con esta circular queremos informarvos dos seguintes temas:

Novos servizos

07.09.2021

Queremos informarvos da posta en marcha de dous novos servizos que veñen a complementar a carteira de actuacións que a empresa Arume leva acabo no noso centro. Estos servizos están orientados a mellorar a conciliación das familias.:

Dende a ANPA RASA, querémosvos dar a benvida ao CEIP Ramón de la Sagra. Comezades unha nova etapa cos vosos fillos e fillas e agardamos que a vosa andaina nela e, sobre todo, a dos vosos nenos e nenas, sexa moi frutuosa e gratificadora. Eles acadarán infinidade de coñecementos e vivencias que influirán na súa futura personalidade,...

Antes de nada, a directiva da ANPA desexa que todas as familias vos atopedes ben de saúde, e que esta pandemia vos teña afectado o mínimo posible, de corazón así o desexamos.

Presentámovos o novo xeito de comunicación có servizo de comedor de cara o próximo curso. Con esta nova App, o servizo será máis personalizado e a comunicación mais sinxela. Ademais, o servizo de cobro pasará dunha mensualidade plana, como ata o de agora, a calcularse polos días de uso do servizo, xerando diferentes recibos de cobro en función do...

Poñémonos en contacto con vostedes para pedirlles encarecidamente que cando deixen a seus nenos en madrugadores fagan o favor de cerrar a porta de acceso o colexio cando entren e cando saian, posto que non temos quen vixíe a esas horas a porta de entrada. É pola seguridade de todos nosos nenos e tamén para a seguridade das monitoras que...

BOLSAS Comedor

18.12.2020

Para saber como xestionar a bolsa comedor durante o periodo non lectivo, cada usuario deberá poñerse en contacto co seu educador social, quen avaliará cada caso e daralles resposta/solución personalizada.

Por mor das OBRAS que se realizarán no XIMNASIO (apertura de ventás) os vindeiros días luns 30 de novembro, martes 1 e mércores 2 de decembro as entradas e saídas do alumnado de Educación Infantil será según se explica a continuación:

En resposta á solicitude dunha familia con relación á implantación de sistemas de purificación de aire nas nosas clases, e despois de todas as noticias que apareceron na prensa nos últimos días, contactamos con diferentes provedores e buscamos información técnica ao respecto, e resumímosvos a continuación varios aspectos a ter en conta:

Queremos comunicarvos que, trala petición que fixemos, fomos recibidos polo Sr. Indalecio Cabana, xefe territorial de educación, xunto coa directora do centro, para tratar a petición do patio cuberto, ou algunha alternativa que solucione esta necesidade de espazos cubertos que temos no noso centro.

Queremos informarvos que, debido á pouca demanda, só sairán as actividades de infantil de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:00 h.

Para todas aquelas familias usuarias do servizo de madrugadores, queremos lembrar que soamente poderá entrar un adulto por cada neno ou nena acompañandoo ata a porta do comedor.

O día 22 de setembro mantivemos unha reunión co Conselleiro de Educación, o Sr. Jesús Javier Celemín Santos, e dous dos seus membros de equipo, para trasladarlle diversas peticións do colexio e d@s nos@s soci@s.

Trala reunión mantida o 22/8/2020 co Concelleiro de Educación, o Sr. Jesús Javier Celemín Santos, comunicóusevos que no caso de inscribirse nas actividades da CONFAPA, non firmarades a clausula COVID-19, por non axustarse a dereito.

Dende a ANPA queremos suscribir a mensaxe de tranquilidade emitida dende o centro.
A ANPA ven traballando conxuntamente coa dirección do centro, no referente a posibles contaxios e contaxios confirmados, priorizando, como non podía ser doutro xeito, a información e pasos a seguir primeiro ás familias afectadas. Existindo, por tanto, moi boa...

Comprácenos comunicarvos que, por fin, xa temos dispoñible no noso centro o servizo Take Away. O devandito servizo ofrece a posibilidade de levar para xantar na casa o menú completo (2 platos, auga, peza de froita e pan).

O colexio ven de publicar na súa páxina web o plan de adaptación á situación da COVID-19 para o curso 2020-2021, segundo as instruccións das Consellerías de Sanidade e Educación, así como tamén o plan de continxencia de aplicación no caso dun posible gromo.