Novas

Queremos anunciarvos, tal e como vos adiantamos na última asemblea, que implementamos unha nova sección na nosa web para facilitar o acceso á documentación relevante da ANPA. Agora podedes consultar as actas das asembleas, os balances de contas e facturación, as memorias de actividades e calquera outra documentación de interese con tan só...

Moitas grazas a todas as familias que participastes este ano nalgunha das actividades extraescolares, pola vosa implicación e participación enviando cuberta a enquisa de valoración das mesmas. Grazas a este traballo en equipo podemos seguir mellorando as actividades extraescolares.

Como sabedes, formamos parte dunha comunidade educativa excepcional e levamos o nome do noso cole alá onde imos, co orgullo dos valores que representa, onde cada familia é a ligazón nesa engranaxe que empuxa un futuro brillante para os nosos nenos e nenas.

⚠️ O número de solicitudes non acadou o mínimo preciso de prazas para levar a cabo a Noite Pirata 😢
❌ Este barco pirata non poderá sucar os mares este ano pero tentaremos levar a cabo esta actividade o vindeiro curso 🏴‍☠️
🙏 Sentímolo especialmente polas nenas e nenos de 6️⃣ ⛵ O seu barco parte rumbo outros mares...

O alumnado de sexto de primaria convídavos a participar nun evento moi especial: a Festa da Primavera. Con moita ilusión levan semanas organizando esta xornada na que poderemos pasar unha tarde no cole en familia, participando de todo o que están a preparar. Non deixedes de vir e colaborar!

Informamos que a finalización das actividades extraescolares dos programas educativos da Federación de ANPAs será o vindeiro 31 de maio. A partir desa data volve o programa de conciliación CÓXEGAS, no que as nenas e nenos realizarán distintas actividades como xogos, deportes, animación teatral, plástica... baixo un enfoque integrador na que eles e...

Comprácenos convocarvos a todos os socios e socias á asemblea xeral ordinaria da ANPA que terá lugar o martes 9 de maio de 2023, ás 15:45 en primeira convocatoria e ás 16:15 en segunda convocatoria, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:

Xa sabemos que ás familias do Ramón, cando se trata de votacións, dámolo todo. Compartimos, difundimos e chegamos a todos os recantos posibles para gañar votos. Para o noso cole!

Case sen darnos conta comezamos o derradeiro trimestre deste curso. Agardamos que durante estas pequenas vacacións, todos e todas puiderades recargar as pilas para afrontar a recta final de curso. Dende a ANPA organizaremos diferentes actividades nas vindeiras semanas: Asamblea da ANPA, Mercadiño Solidario para a recaudación de fondos para...

Dende hoxe e ata o 12 de abril está aberto o prazo de inscricións para a solicitude das axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar no curso escolar 2023-2024 destinadas ao alumnado empadroado no Concello da Coruña.

A ANPA ven de recibir a axuda pola xestión dos servizos de comedor, correspondente ao curso anterior 2021-2022, por unha contía total de 10.853,64 €. Todos os alumnos e alumnas que fixeron uso do servizo durante o curso pasado poden beneficiarse desta axuda, que se materializa no 19,15% do importe total dos pagos satisfeitos por cada un.

Queremos seguir anunciando tan boas novas e, nesta ocasión, poder contar co voso apoio tamén para festexar. O vindeiro venres 17 de febreiro imos celebrar, no recinto do centro, unha FESTA DE ENTROIDO de 17:00 a 18:30 horas.

Encantounos recibir a invitación á participación no Plan de Convivencia do noso cole. Como ANPA, formamos parte dos Consellos Escolares e da Comisión de Convivencia. Trasladarvos a ledicia e entusiasmo, así como o esforzo, que vivimos nestes grupos de traballo, para construír un novo Plan de Convivencia que dé resposta ás novas realidades e...

Comprácenos que a primeira nova do ano sexa para anunciar que a proposta de mellora do patio resultou a máis votada nos orzamentos participativos ao acadar 720 apoios. Grazas ao esforzo de todas e todos, xa estamos máis preto de ver como se transforma nun espazo máis verde, máis inclusivo, mellor.

Boas Festas!

21.12.2022

A piques de case rematar este ano, dende a ANPA queremos transmitirvos a nosa ledicia de poder formar parte dunha comunidade educativa activa e implicada na nosa escola.

Lembrade que este mércores 30 ás 12 da noite remata o prazo para votar pola nosa proposta de patio nos Orzamentos Participativos. É necesario un último esforzo nestes dous días e acadar máis votos. Non esquezades votar e seguir convidando a outras persoas a que o fagan.

Xa estamos na recta final para acadar o noso patio, pero precisamos que estes 6 días academos máis votos, xa que temos que ser a proposta máis votada do distrito 7.

Temos moi claro que con esta comunidade educativa, acadalo é posible. Dende o primeiro minuto no se que abriu o prazo de votacións da fase final dos Orzamentos Participativos, puxéstesvos man á obra para lograr o maior número de votos para o noso proxecto de patio.

Dende hoxe e ata o 30 de novembro temos unha oportunidade histórica para o presente e o futuro do noso cole. O reto que temos por diante é acadar o número máximo de votos para o proxecto do noso patio, na votación final dos Orzamentos Participativos. Só podemos logralo coa máxima implicación de todas as familias e...

Esta nova pretende poñer en valor a vosa figura, a das familias socias. A ANPA constrúese día a día, coa vosa participación, coa vosa implicación, coas vosas ideas e aportacións, coa vosa colaboración. Unha ANPA implicada empeza no apoio da maioría das familias ao proxecto común de poñer no centro aos nenos e nenas.

neste mesmo intre, as nosas fillas e fillos están escoitando unha importante mensaxe de Lupita, unha fada amiga de Cascarilla. Namorada das obras e gustosa de transformar os espazos.

Unha vez máis, podemos vivir a vosa extraordinaria participación e implicación co cole das nosas fillas e fillos. Conseguimos, entre toda a comunidade educativa, que o noso Proxecto de Patio fose a proposta máis votada do noso distrito e unha das primeiras a nivel de cidade na fase inicial dos Orzamentos Participativos do Concello. Isto só acaba de...

Este luns 3 de outubro empezan as actividades extraescolares. Dende a ANPA, coñecedores da vosa participación e implicación, sabemos que ides a formar parte das mesmas, dun xeito activo e responsable. Así, entre todos e todas, axudaremos a que as nenas e nenos poidan desfrutar do programa de actividades extraescolares.